Inicio Galicia Medio Ambiente licitará en marzo por 230.000 euros as obras de mellora...

Medio Ambiente licitará en marzo por 230.000 euros as obras de mellora e humanización nos concellos de Bande, Lobeira e Lobios

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e os rexedores municipais asinaron esta tarde senllos convenios de colaboración


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda prevé licitar en marzo por 230.000 euros as obras de mellora e humanización nos concellos de Bande, Lobeira e Lobios.

Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, aos rexedores municipais da cada un dos concellos, cos que esta tarde asinou senllos convenios de colaboración, nos que a Xunta aporta un 70% en cada caso e a porcentaxe restante é asumida por cada administración local.

A conselleira recordou que se trata de tres proxectos que teñen un prazo de execución de tres meses, polo que -si se cumpren os prazos previstos- os veciños poderán beneficiarase destas melloras este mesmo ano, é dicir, que se devolverían os espazos públicos en mellores condicións aos cidadáns en 2019.Ángeles Vázquez destacou que as actuacións que recollen os tres convenios asinados hoxe enmárcase dentro do chamado Plan hUrbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo actuacións que contribúen a crear ou humanizar espazos de uso común e a garantir o acceso dos veciños a infraestruturas públicas e servizos.

De feito, grazas a este programa xa se executaron 200 intervencións nun total de 125 concellos, o que significa que no período 2010-2018 a Xunta actuou case no 40% dos municipios de Galicia.

Humanización no Mecado do XurésO convenio asinado co Concello de Bande permitirá a humanización da contorna do Mercado do Xurés, onde se prevé a execución de novas beirarrúas, a instalacións de novo mobiliario, como bancos e contedores para a recollida selectiva do lixo co obxectivo de achegar aos veciños á zona e facilitar aos comerciantes infraestruturas de servizo básicas.

O proxecto tamén inclúe a canalización de augas pluviais, para evitar as verteduras actuais na propia beirarrúa, que estará conectada á rede existente; así como o deseño de prazas de aparcamento, para facilitar o estacionamento nesta zona tan frecuentada e ás persoas con mobilidade reducida. O importe que recolle o convenio supera os 90.000 euros.

Humanización de rúas en LobeiraO Concello de Lobeira e a Consellería de Medio Ambiente colaborarán na mellora e humanización de varias rúas nas que se atopan dotacións públicas que prestan servizo a moitos dos cidadáns, como a Casa do Concello, o centro de saúde, o velorio municipal, a Casa da cultura, a Residencia de maiores, o Cuartel da Garda Civil e a porta de acceso ao Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés.

Explicou que se trata dunha zona na que apenas se interviu nos últimos trinta anos, polo que require a execución de traballos que reduzan o colapso e que reordene os espazos existentes, ao tempo que se fai unha mellora da pavimentación e do deseño da circulación viaria e peonil, así como actuacións de mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

O importe desta actuación, que actuará nun ámbito de máis de 1.000 m2, supera os 100.000 euros, que será abonado nun 70% polo Goberno galego e nun 30% polo concello.

Núcleos Rurais da Vila e Bubaces, en LobiosO convenio para a mellora dos espazos públicos municipais en Lobios, dotado dun importe de case 40.000 euros, actuará nas prazas que se ubican nos núcleos rurais de A Vila e Bubaces.

En ambos casos, será necesario demoler o pavimento actual para posteriormente proceder coa súa reforma, e no caso de Bubaces tamén se procederá á reposición da rede de saneamento de augas pluviais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre