Inicio Galicia Medio Ambiente licita por máis de 40.000 euros á instalación e mantemento...

Medio Ambiente licita por máis de 40.000 euros á instalación e mantemento de puntos de información virtual nas seis entradas galegas da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés

0

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural vén de convocar esta contrato público para mellorar a información deste espazo natural

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de licitar un contrato para a adquisición, instalación e mantemento de puntos de información virtual que se instalarán en cada unha das entradas galegas da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Tal e como establece o prego de prescricións, os requisitos mínimos que deberán ter ditos dispositivos son pantalla 32’’ de tamaño, tipoloxía LED, cunha resolución de 1920×1080, un brillo 1000 cd/m2, o contraste de 1300, o formato da pantalla será de 16:9, tecnoloxía táctil e cun sistema de carga de información a través dun USB. O importe deste contrato ascende a 41.563 euros.

En canto ás características exteriores destes dispositivos, destaca a cuberta de aceiro resistente a exteriores, unha cuberta de vidro antideslumbrante, un pé de ancoraxe ao chan, cristal especial temperado de 5 mm e antirrefletante, así como protección fronte a cambios meteorolóxicos e actos vandálicos.

Estes seis dispositivos informáticos localizaranse nas seis entradas a este espazo natural. Así, no Concello de Bande estará localizado xunto ao Centro de Interpretación do campamento Aquis Querquennis e para a súa instalación precisase unha condución exterior de cable de 15 metros de lonxitude; en Muíños situarase xunto a unha parede na entrada do Centro de interpretación “Porta do parque de Muíños” e non será necesario realizar obra para a súa instalación. No caso do Concello de Calvos de Randín este dispositivo estará localizado na fachada do concello e non precisa obra; en Entrimo, localizarase na entrada da Biblioteca municipal e, para a súa instalación será preciso dispoñer un cable de 10 metros no exterior e outros tantos para o interior do edificio.

Tanto no Concello de Lobios, coma no de Lobeira, ambos dispositivos situaranse xunto á parede de entrada do Centro de interpretación “Porta do Parque de Lobios” e adosado a unha parede na entrada do centro de interpretación “Porta do Parque de Lobeira”. En ambos casos non é preciso realizar obras.

Trátase dunha actuación que está cofinanciada nun 75% pola Unión europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do programa de Cooperación INTERREG VA ESPAÑA- PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre