Inicio Galicia Medio Ambiente licita por case de 115.000 euros as obras de pavimentación...

Medio Ambiente licita por case de 115.000 euros as obras de pavimentación da praza das Airas, no Barco de Valdeorras

0

A actuación, cun prazo de execución de 3 meses, prevé a canalización da rede de alumeado e comunicacións e de tendidos aéreos para evitar o impacto visual

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de licitar por algo máis de case 115.000 euros as obras de pavimentación da praza das Airas, no Barco de Valdeorras.

A actuación, que ten un prazo de execución de 3 meses, consiste na canalización e soterramento dos servizos aéreos na Praza das Airas e nas rúas das Airas e do Forno, coa pavimentación da praza e das rúas colindantes mediante adoquinado de granito.

Para isto será preciso demoler e retirar case 200 m2 de pavimento de formigón existente na zona, colocar unha nova rede de alumeado e das redes de comunicación, así como os tendidos aéreos na zona, para reducir o impacto visual destas infraestruturas.

A zona da Praza das Aira, e as calles próximas encóntranse cun aspecto moi deteriorado, debido ás distintas reposicións do mesmo material noutras actuacións puntuais anteriores e ao longo das fachadas seguen a decorrer de xeito aéreo o cableado dos servizos de alumeado, enerxía e comunicacións.

Así, con esta intervención completarase a urbanización que se recolle no Plan Especial de Reforma Interior do Casco Antigo do núcleo do Barco de Valdeorras, que recolle actuacións -xa executadas- na Rúa real e San Roque, así como na Rúa San Mauro.

A materialización deste tipo de proxectos urbanísticos a nivel municipal contribúe a mellorar a calidade de vida dos veciños e a dinamizar determinadas zonas. Ademais, dáse cumprimento ao reto da Xunta de acadar un urbanismo responsable e apostar pola recuperación das vilas e cidades galegas, establecendo lazos de colaboración cos municipios en proxectos que buscan mellorar e potenciar espazos públicos xa existentes para facilitar a accesibilidade aos mesmos. Así mesmo, tamén son un instrumento eficaz para axudar a frear o despoboamento rural, xa que potencian as infraestruturas, os servizos e os equipamentos públicos a disposición da veciñanza.

A obra que vén de licitarse no Concello do Barco de Valdeorras enmárcanse dentro do chamado Plan Hurbe, un programa posto en marcha no ano 2010 pola Xunta para apoiar ás entidades locais na execución de proxectos e actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público.

Grazas a esta iniciativa, no período 2010-2018 executáronse 200 actuacións en 125 concellos, o que significa que se actuou case no 40% dos municipios galegos; e o ano pasado asumíronse preto de 90 novos compromisos de colaboración ao abeiro deste mesmo programa. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre