Inicio Galicia Medio Ambiente licita por 96.000 euros as obras de humanización de espazos...

Medio Ambiente licita por 96.000 euros as obras de humanización de espazos públicos no núcleo rural de Armea, en Coirós

0

A actuación está cofinanciada pola Xunta de Galicia, que achegará o 70% do custo total, e o propio concello, que sufragará o 30% restante con fondos propios

A Consellería de Medio, Territorio e Vivenda acaba de licitar por un importe base de 96.656,40 euros o contrato para executar o proxecto de humanización de espazos públicos no núcleo rural histórico-tradicional e común de Armea, no concello coruñés de Coirós.

A actuación, enmarcada no chamado Plan Hurbe para apoiar ás entidades locais na execución de actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público, está cofinanciada pola Xunta e polo propio Concello, que asumen o 70% e o 30% do custo, respectivamente, en virtude dun convenio de colaboración asinado este veránO obxectivo do contrato en licitación é poñer en valor o lugar de Armea, un núcleo rural histórico-tradicional e común que se caracteriza pola súa singularidade, co fin de potenciar estes lugares, entendidos como auténticos elementos singulares que merecen ser conservados e mantidos ao longo do tempo.

Concretamente, as obras previstas no proxecto prevén a humanización e mellora urbana dos viarios e espazos públicos desta zona, incluíndo unha completa intervención en materia de seguridade viaria para aumentar as zonas destinadas aos viandantes, a accesibilidade para peóns e a eliminación de barreiras arquitectónicas. Tamén se acometerán melloras que redunden nun mellor uso destes espazos públicos por parte dos veciños.

Grazas a estes traballos, cun prazo de execución de dous meses segundo figura no procedemento de contratación, non só se busca mellorar e humanizar a contorna histórica e tradicional do núcleo de Armea, senón que tamén reforzarán a seguridade viaria e a accesibilidade de todo o conxunto.

Actuacións do Plan Hurbe 2010-2019Cómpre lembrar que con este tipo de intervencións dáse cumprimento ao reto da Xunta de acadar un urbanismo responsable en toda a comunidade e apostar pola recuperación e o reequilibrio territorial entre as vilas e cidades galegas.

No marco do Plan Hurbe, durante o período 2010-2018 executáronse un total de 200 actuacións en 125 concellos, o que significa que se interveu en case o 40% dos municipios galegos; o ano pasado, asumíronse preto de 90 novos compromisos de colaboración ao abeiro deste mesmo programa para os que se mobilizaron 12,9 millóns e nos orzamentos de 2020 hai reservados 6,5 millóns para actuacións urbanísticas a nivel municipal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre