Inicio Galicia Medio Ambiente licita por 73.000 euros o contrato para determinar e...

Medio Ambiente licita por 73.000 euros o contrato para determinar e mellorar o estado de conservación dos hábitats de turbeira

0

A actuación está cofinanciada pola UE nun 80% a través do fondo europeo para o desenvolvemento rexional ao abeiro do programa FEDER Galicia 2014-2020

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de licitar o servizo para a determinación do estado de conservación, o deseño dun sistema de seguimento e a redacción de medidas de conservación para os tipos de hábitat de turbeiras acedas, turbeiras calcáreas e paraturbosos de Galicia.

A actuación ten un prazo de execución de 12 meses e un orzamento de licitación de 73.478,67 euros, cofinanciados nun 80% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

O obxecto deste contrato é determinar o estado de conservación dos tipos de hábitat de turbeira e paraturbosos presentes en Galicia, en particular na Rede Natura 2000 e con especial referencia aos tipos de hábitat de interese comunitario (THIC) dos subgrupos 71 (turbeiras ácidas de esfagnos) e 72 (áreas pantanosas calcáreas).

En consecuencia, coas accións de protección e restauración do patrimonio natural obxecto do contrato que acaba de licitarse, búscase definir as medidas de conservación para o mantemento ou, no seu caso, o restablecemento nun estado de conservación favorable e deseñar un sistema de seguimento do seu estado de conservación. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre