Inicio Galicia Medio Ambiente licita por 122.000 euros as obras de reforma da contorna...

Medio Ambiente licita por 122.000 euros as obras de reforma da contorna do campo da feira no concello de Boimorto

0

A actuación está cofinanciada pola Xunta de Galicia, que achegará o 70% do custo total, e o Goberno municipal, que sufragará o 30% restante con fondos propios

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de licitar por un importe base de 122.382,75 euros, IVE incluído, a reforma da contorna do campo da feira do concello coruñés de Boimorto.

A actuación, enmarcada no chamado Plan Hurbe para apoiar ás entidades locais na execución de actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público, está cofinanciada pola Xunta e polo propio Concello, que asumen o 70% e o 30% do custo, respectivamente, en virtude dun convenio de colaboración asinado este veránO obxectivo do contrato é poñer en valor o campo da feira, acometendo a renovación e a mellora da contorna neste punto e tamén da Casa da Cultura, para ordenar a confluencia do tráfico rodado e peonil.

Así, renovaranse as beirarrúas e o pavimento de rodadura para dotalo doutro de formigón coloreado, e crear unha zona de estacionamento de vehículos de 510 metros cadrados. Tamén se realizará unha canalización soterrada da nova rede de recollida de augas pluviais e a renovación de luminarias e da súa instalación eléctrica.

Tamén se acondicionará o parque, situado nas proximidades do antigo Campo da Feira, para embelecer este espazo coa plantación de céspede e a colocación de mobiliario urbano, como bancos e papeleiras. Así mesmo, renovarase o pavimento do parque infantil da Casa da Cultura e instalarase unha nova rede de rego para o mantemento do seu xardín.

Actuacións do Plan Hurbe 2010-2019Cómpre lembrar que con este tipo de intervencións dáse cumprimento ao reto da Xunta de acadar un urbanismo responsable en toda a comunidade e apostar pola recuperación e o reequilibrio territorial entre as vilas e cidades galegas.

No marco do Plan Hurbe e durante o período 2010-2018, executáronse un total de 200 actuacións en 125 concellos, o que significa que se interveu en case o 40% dos municipios galegos; o ano pasado, asumíronse preto de 90 novos compromisos de colaboración ao abeiro deste mesmo programa para os que se mobilizaron 12,9 millóns e nos orzamentos de 2020 hai reservados 6,5 millóns para actuacións urbanísticas a nivel municipal. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre