Inicio Galicia Medio Ambiente inicia o procedemento de adxudicación de cinco vivendas de protección...

Medio Ambiente inicia o procedemento de adxudicación de cinco vivendas de protección pública no concello de Ribeira

0

A Comisión Provincial de Vivenda da Coruña acordou a apertura deste trámite e tamén aprobou as listas definitivas de adxudicatarios de oito VPP, cinco localizadas na cidade de Ferrol e as outras tres en Mañón

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), vén de iniciar o procedemento para a adxudicación de cinco vivendas de promoción pública (VPP) que se atopan dispoñibles no Concello de Ribeira e serán sorteadas entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda nesta localidade coruñesa.

Así o acaba de acordar a Comisión Provincial de Vivenda da Coruña, que se reuniu tamén para aprobar as listas definitivas de adxudicatarios dun total de oito VPP localizadas nos concellos de Ferrol e Mañón.

Concretamente, no caso da cidade ferrolá aprobáronse dúas listas definitivas. Unha para a adxudicación de cinco vivendas vacantes da quenda xeral e outra para unha vivenda vacante destinada a persoas con mobilidade reducida.

Polo que respecta a Mañón, aprobouse a lista definitiva para a adxudicación de dúas vivendas vacantes.

As listas definitivas serán publicadas na páxina web do IGVS e remitiranse aos concellos correspondentes para a súa publicación nos respectivos taboleiros de anuncios. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre