Inicio Galicia Medio Ambiente inicia a tramitación ambiental do futuro Plan xeral de ordenación...

Medio Ambiente inicia a tramitación ambiental do futuro Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vigo

0

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático publica hoxe na web de Avaliación Ambiental Estratéxica o Documento Inicial Estratéxico e borrador do plan xeral

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da hoxe inicio á tramitación ambiental do futuro Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Vigo. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático vén de publicar a documentación deste proxecto de ordenación urbanístico na páxina web de Avaliación Ambiental Estratéxica.

A Xunta de Galicia avanza un paso máis na tramitación do Plan Xeral de Vigo, despois de que a Administración local remitira o Documento Inicial Estratéxico e Borrador do PXOM de Vigo, así como as emendas de documentación sinaladas desde a Dirección Xeral de Urbanismo; polo que agora ábrese o prazo de consultas previas por un período de dous meses. Seguidamente, o Concello debe aprobar inicialmente o Plan xeral e sometelo a información pública e informe sectorial das administracións públicas afectadas. Finalizado este período, e unha vez integrado o resultado, o Concello solicitará -antes da aprobación provisional do PXOM- a emisión da Declaración Ambiental Estratéxica, que pon fin ao trámite ambiental que comeza hoxe.

Cómpre recordar que a Lei do solo de Galicia fixa medidas que axilizan a tramitación das normas urbanísticas como: o informe único ou o prazo máximo de tres meses, operando o principio de silencio positivo.

O urbanismo é unha competencia municipal, así se recolle na Lei do Solo, que contén unha decidida aposta pola autonomía municipal e incrementa a confianza nas administracións locais; polo que a Administración autonómica non pode marcar o paso ás entidades locais nesta materia: son os concellos os promotores deste tipo de iniciativas.

En todo caso, a Xunta colabora, tutela, acompaña, vela, supervisa, sustenta -económica e tecnicamente- o traballo que fan os concellos para iniciar, avanzar e concluír a tramitación que esixen os plans xerais. Hoxe na Comunidade galega hai 107 concellos co seu planeamento adaptado á normativa vixente.

No caso concreto de Vigo, o Goberno galego traballou, desde o primeiro momento, para dar unha solución á situación urbanística de Vigo logo da anulación do PXOM de 2008 por parte do Tribunal Supremo.

A xunta defende que a única solución definitiva á situación urbanística de Vigo é a aprobación dun novo plan xeral e con ese obxectivo tendeu a man ao consistorio vigués, impulsando un novo convenio de colaboración (o segundo, xa que a Xunta xa contribuíra á redacción do PXOM aprobado en 2008 e anulado por sentencia en 2015) para redactar o Pxom, no que se fixa unha achega da Xunta de máis dun millóns de euros.

Asemade, a Xunta ofreceu respostas para evitar o paro da cidade olívica coa aprobación da Lei 3/2016, de 1 de marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese, para aportar unha solución a proxectos de especial interese levados a cabo polas administracións, como a ampliación da Zona Franca ou a ampliación de Ifevi.

Tamén impulsou a redacción da Lei de medidas provisionais de ordenación urbanística- aprobada en 2017- unha solución legal e amparada xuridicamente para permitir que determinadas zonas da cidade puideran seguir evolucionando, polo que esta ordenación provisional garantiría o desenvolvemento económico das iniciativas dos pequenos empresarios e dos particulares. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre