Inicio Galicia Medio Ambiente informa a favor da aprobación do Plan Especial de Protección...

Medio Ambiente informa a favor da aprobación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte

0

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo conclúe que o documento aprobado provisionalmente o pasado 6 de xullo corrixe todas as obxeccións e consideracións que lle trasladara ao Concello respecto do plan inicial

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de emitir informe favorable como paso previo á aprobación definitiva do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico (PEPCHA) do Concello de Monforte de Lemos.

Tras recibir o visto bo da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, o Goberno municipal poderá seguir adiante coa tramitación do plan, que arrancou no ano 2016 coa avaliación ambiental do documento. En febreiro do ano pasado, a Xunta de Goberno local aprobou provisionalmente o PEPCHA, remitíndoo á Consellería para o seu ditame.

Sen embargo, á vista da documentación presentada, Urbanismo emitiu un informe desfavorable, requiríndolle ao Concello, como promotor da iniciativa, que foran emendadas unha serie de cuestións.

Finalmente e logo de facer as oportunas correccións ao documento, a Xunta de Goberno Local acordou o pasado 6 de xullo aprobar provisionalmente o PEPCHA e remitilo de novo á Consellería, que tras comprobar as modificacións realizadas considera que se deu cumprimento a todas as consideracións e obxeccións formuladas no seu día e, por conseguinte, informa favorablemente como paso previo á súa aprobación.

En todo caso, tal e como se recolle no propio documento promovido polo Concello, no caso de pretenderse a execución dunha nova ponte sobre o río Cabe aos efectos de garantir a peatonalización da ponte medieval, o Goberno local previamente debería impulsar a tramitación dunha modificación puntual do PEPCHA que vai aprobarse agora, acreditando que concorre interese público, someténdoa a unha nova información pública e recompilando o informe favorable de todos os organismos sectoriais afectados, nomeadamente a Confederación Hidrográfica e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, conforme ao establecido na Lei do solo de Galicia.

Dobre obxectivo: protexer e rehabilitarO PEPCHA de Monforte ten o dobre carácter de documento de protección, en canto que propón medidas destinadas a salvagardar o patrimonio cultural, e de plan de rehabilitación, xa que ordena e programa actuacións dirixidas a recuperar e impulsar os valores sociais, culturais, económicos, ambientais, edificatorios e funcionais do conxunto do seu ámbito.

Como obxectivos xerais da ordenación establece a salvagarda do patrimonio arquitectónico, arqueolóxico e cultural; a recuperación do uso residencial e a actividade económica; a mellora das condicións de vida, evitando o deterioro da zona; a integración da zona no contexto funcional da cidade; e a protección dos valores ambientais e paisaxísticos.

Deste xeito, o PEPCHA contén, dunha banda, a protección, conservación e catalogación do patrimonio cultural, histórico-artístico e arquitectónico, e doutra, unha proposta de ordenación pormenorizada, con regulación de usos, condicións da edificación, cualificación urbanística, reservas dotacionais e espazos libres, viabilidade, servizos urbanísticos, etc. Tamén inclúe a normativa urbanística e o estudo económico, e o programa de actuacións.

O ámbito do plan especial correspóndese esencialmente co declarado Ben de Interese Cultural mediante o Decreto 187/2005, de 16 de xuño, que modifica o anterior de 1973, incorporando como zonas de respecto os barrios de Ramberde, Carude e Praza do Piñeiro, así como as beiras do río Cabe. Abrangue unha superficie total de 69,18 has, das que 52,51 has corresponden propiamente ao conxunto declarado e 17,67 has ás zonas de respecto. A delimitación do plan rectifica o perímetro do conxunto, adaptándose ao parcelario existente.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre