Inicio Galicia Medio Ambiente inclúe no Catálogo de árbores senlleiras un exemplar de magnolia...

Medio Ambiente inclúe no Catálogo de árbores senlleiras un exemplar de magnolia localizado no concello de Boqueixón

0

Coa publicación hoxe no DOG da resolución, elévanse a 189 o número de elementos que forman parte deste rexistro público de carácter autonómico


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se fai pública a inclusión no Catálogo galego de Árbores Senlleiras dunha magnolia grandiflora localizada en Lestedo, no Concello de Boqueixón (A Coruña).

Coa incorporación deste novo exemplar, situado nunha parcela de propiedade privada no lugar da Picota, onde foi plantado polo seu valor ornamental e como complemento a un conxunto de especial protección polas súas construcións (casa, hórreo, pombal), o número de elementos que integran este censo elévase xa a 189: 151 árbores e 38 formacións pertencentes a 80 especies distintas.

Cómpre lembrar que o Catálogo galego de Árbores Senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural no cal se inclúen todas aquelas árbores e formacións da comunidade que, atendendo ás súas características excepcionais, xa sexa polo seu porte, dimensións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico-educativo ou doutro tipo, merecen recibir unha protección especial. Trátase dunha ferramenta aberta e en constante actualización, de xeito que se pode propoñer a inclusión de elementos novos tanto por parte dos seus propietarios, das administracións públicas, dos centros de investigación ou asociacións e daquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza. De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, este catálogo foi obxecto xa de diversas revisións.

Na actualidade, hai 189 elementos pertencentes a un total de 80 especies diferentes e coa seguinte distribución por provincias:   

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre