Inicio Galicia Medio Ambiente impulsa a Axenda 2030 de Nacións Unidas para o desenvolvemento...

Medio Ambiente impulsa a Axenda 2030 de Nacións Unidas para o desenvolvemento sostible no marco de 'Música en Compostela'

0

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsa a Axenda 2030 de Nacións Unidas, resaltando os impactos do cambio climático a través dunha conferencia que foi impartida esta tarde no marco previo a un concerto do LXII Curso Universitario Internacional Música en Compostela. Nela expuxéronse os traballos feitos en Galicia, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) fixados pola ONU a través da chamada Axenda 2030, e convidouse a reflexionar sobre a necesidade de sensibilizar e implicar á sociedade en xeral na cultura do medio ambiente.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa, deu o discurso de benvida co que se inaugurou a charla, que baixo o título Música e Desenvolvemento Sostible abordou temas como a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, a Estratexia de Economía Circular de Galicia ou a Estratexia Galega de Desenvolvemento, Axenda 2030 da Xunta de Galicia, todas elas xa en marcha. Nesta liña, puxo de manifesto a clave para a aplicación dos ODS, que serven como un elemento de mobilización para persoas, empresas, organizacións non gobernamentais e administracións, proporcionando oportunidades non só no momento presente e interxeneracional, senón tamén para o progreso a futuro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre