Inicio Galicia Medio Ambiente impartirá 10 xornadas formativas sobre xestión de aceites industriais usados...

Medio Ambiente impartirá 10 xornadas formativas sobre xestión de aceites industriais usados entre produtores e outros colectivos

0

No marco do Plan de Residuos Industriais de Galicia, a Consellería inicia hoxe unha rolda de sesións para analizar a situación da produción de aceites industriais usados e as posibles medidas para mellorar o control deste fluxo de material


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organizará nos meses de marzo e abril unha decena de xornadas formativas sobre xestión de aceites usados dirixidas a produtores e representantes de plantas de tratamento autorizadas en Galicia, así como a asociacións e colectivos profesionais implicados nas distintas fases do proceso. A primeira destas xornadas tivo lugar hoxe no Centro Cívico de Caranza (Ferrol) e enmárcase dentro das accións formativas e de traballo que contempla o Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA), aprobado en 2016 como unha ferramenta de planificación en materia de prevención e xestión dos residuos de orixe industrial.

O obxectivo común destas sesións é informar sobre o estado actual da produción de aceites usados na comunidade e reforzar os coñecementos de produtores e outros colectivos que participan no proceso para garantir unha correcta xestión deste tipo de residuos. Para iso, cada xornada comezará cunha breve explicación sobre os obxectivos do PRIGA e as principais actuacións e medidas que nel se recollen con relación ao tratamento dos aceites usados, un tipo de residuo industrial moi vencellado ao sector automobilístico e a talleres mecánicos en xeral que ten a consideración de residuo perigoso.

O programa tamén inclúe un repaso pola situación actual da produción de aceites industriais usados e das principais vías de xestión dos mesmos, así como unha análise das posibles medidas para mellorar o control deste fluxo de residuos. Así mesmo, durante a xornada afondarase no actual marco lexislativo en materia de xestión de aceites usados e nos beneficios ambientais de realizar un tratamento responsable dos mesmos, ao tempo que intervirá un xestor autorizado para contar a súa experiencia práctica sobre a valorización.

A Consellería de Medio Ambiente ten previsto celebrar inicialmente 10 xornadas para produtores de aceites usados en diferentes comarcas das catro provincias co seguinte calendario, que podería experimentar algunha variación en función do número de inscricións: A CORUÑA

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre