Inicio Galicia Medio Ambiente habilitará unha partida de 6,5 millóns de euros en 2020...

Medio Ambiente habilitará unha partida de 6,5 millóns de euros en 2020 para colaborar cos concellos na recuperación e mellora dos espazos públicos

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou a actuación realizada na Rúa Pintor Fierros en Ribadeo, obxecto de subvención do departamento autonómico no presente ano

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reserva unha partida de 6,5 millóns de euros nas contas de 2020 para colaborar cos concellos galegos na recuperación e mellora dos espazos públicos. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, recordou este orzamento do departamento que dirixe, durante a supervisión aos traballos realizados para mellorar a situación da Rúa Pintor Fierros, no Concello de Ribadeo, ao abeiro do Plan hUrbe.Ángeles Vázquez lembrou que só en 2019 a Consellería asumiu preto de 90 novos compromisos, que se traduce nun investimento de case 13 millóns de euros, co obxectivo de avanzar carra un urbanismo responsable e avogar pola recuperación das vidas e cidades galegas e manter unha das sinais de identidade de Galicia, como é a paisaxe.

Explicou que no caso concreto de Ribadeo, levouse a cabo unha reforma e mellora da Rúa Pintor Fierros, un viario importante porque conecta co centro urbano e da acceso ás distintas dotacións municipais, como a piscina ou o campo de fútbol Pepe Barrera.

As obras consistiron na mellora do pavimento cunha nova capa de rodadura e posterior repintado para soportar, en condicións de seguridade, o tráfico existente neste viario principal. Tamén se repararon os bolardos existentes en mal estado e se reduciu a pendente dos pasos de peóns sobreelevados ou na reparación dos bordos.

A actuación tamén preveu a mellora das baldosas das beirarrúas e da drenaxe das augas pluviais da estrada e colocouse novo mobiliario urbano coa instalación de novas papeleiras, así como a sinalización vertical e horizontal para garantir a máxima seguridade viaria de vehículos e de peónsPor último, a conselleira concluíu que a importancia desta actuación radica na mellora da calidade de vida de todas as veciñas e veciños de Ribadeo, ao dar una resposta ás demandas e necesidades detectadas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre