Inicio Galicia Medio Ambiente facilita a presentación telemática dunha ducia de trámites en materia...

Medio Ambiente facilita a presentación telemática dunha ducia de trámites en materia de pesca fluvial

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se habilitan formularios para coordinar e unificar a información do Rexistro de entidades colaboradoras de pesca fluvial e o de embarcacións e artefactos boiantes de pesca fluvial

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda facilita aos cidadáns e entidades a presentación telemática de case unha ducia de trámites en materia de pesca fluvial.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se habilitan ditos formularios e se establecen os procedementos para o emprego da sede electrónica como canle de comunicación entre as persoas e organismos (entidades colaboradoras de pesca fluvial, universidade, empresas de servizos…) e a administración.

Grazas a este sistema tamén se unifica e coordina a información que regula o Rexistro de embarcacións e o Rexistro artefactos boiantes de pesca fluvial, previstos e creados ao abeiro da normativa sectorial. Deste xeito, normalízase o formato e os catro servizos provincias manexarán o mesmo formulario normalizado, aportando a mesma información a dita base de datos sobre as embarcacións e artefactos boiantes (Licenza e Rexistro de embarcacións para pesca fluvial (procedemento MT807D).

Asemade, habilítanse os formularios normalizados a empregar para as solicitudes en materia de pesca fluvial, como: – Reserva de permisos en coutos de pesca fluvial (procedemento MT807E).- Nomeamento, renovación ou renuncia do título de Entidade Colaboradora de pesca fluvial (procedemento MT807F).- Autorizacións especiais de pesca fluvial para a captura de especies piscícolas e invertebrados (procedemento MT807G).- Nomeamento de Vixilante xurado de pesca fluvial e Renovación anual (procedemento MT807H).- Modificación da normativa de coutos de pesca fluvial en datas reservadas (procedemento MT807I).- Xornadas educativas en coutos de pesca fluvial (procedemento MT807J).- Devolución de taxas en materia de pesca fluvial (procedemento MT807K).- Procedemento xenérico en materia de pesca fluvial (procedemento MT807L).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre