Inicio Galicia Medio Ambiente explorará posibles vías de colaboración en materia de paisaxe coa...

Medio Ambiente explorará posibles vías de colaboración en materia de paisaxe coa Cámara Oficial Mineira de Galicia

0

Ángeles Vázquez recibiu hoxe a representantes da entidade, que aglutina a máis de 130 empresas relacionadas co sector industrial da minaría na comunidade


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde con representantes da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), que aglutina na actualidade a máis de 130 membros do sector industrial dedicado a actividades relacionadas coas diferentes fases do ciclo mineiro.

Durante a xuntanza, o presidente da COMG, Juan de Dios Martín, e o director, Diego López, déronlle a coñecer á conselleira os principais obxectivos e proxectos da entidade, así como algunhas das liñas de actuación nas que están a centrar nestes momentos os seus esforzos en materia medioambiental co obxectivo de minimizar o impacto da actividade mineira no entorno. Neste sentido, aproveitaron a xuntanza para trasladarlle á Ángeles Vázquez a sensibilidade crecente co desenvolvemento sostible que existe entre o sector, cuxa actividade depende de forma directa do aproveitamento dos recursos naturais.Ángeles Vázquez, pola súa banda, comprometeuse a analizar con detalle as demandas e propostas que lle trasladaron en nome do colectivo, así como a estudar posibles vías de colaboración en materia de paisaxe entre o seu departamento e a Cámara Oficial Mineira de Galicia.

Así, cómpre lembrar que esta entidade xa colabora coa Consellería de Medio Ambiente a través dun convenio asinado en 2018 para a redacción dunha Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas, unha ferramenta que axudará á integración na paisaxe, con criterios de calidade, deste tipo de actividades mineiras. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre