Inicio Galicia Medio Ambiente executa as obras de mellora e humanización da contorna do...

Medio Ambiente executa as obras de mellora e humanización da contorna do centro de saúde no Concello de Frades

0

Trátase dunha actuación que se leva a cabo no marco dun convenio de colaboración co concello e cuxo orzamento ascende a case 85.000 euros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a executar as obras para mellorar o estado actual da contorna próxima ao Centro de saúde de Abellá de Frades, así como para humanizala.

Trátase dunha actuación que se leva a cabo ao amparo dun convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Frades, nos que a Xunta aporta un 70%, mentres que a porcentaxe restante é asumida pola Administración local.

Os traballos que se están a executar consisten da reformulación dos peches e muros actuais e ordenación da zona, tanto das partes axardinadas coma das pavimentadas. A finalidade é acadar unha contorna máis agradable e integrada, polo que prevé o soterramento das liñas aéreas e por último substituirase as luminarias actuais por unhas novas con tecnoloxía LED, de menor consumo enerxético.

Ao longo 2019 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asumiu preto de 90 novos compromisos, que se traducen nun investimento de case 13 millóns de euros, co obxectivo de avanzar cara un urbanismo responsable e avogar pola recuperación das vidas e cidades galegas e manter unha das sinais de identidade de Galicia, como é a paisaxe.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre