Inicio Galicia Medio Ambiente estudará posibles vías para apoiar ao concello de Cariño na...

Medio Ambiente estudará posibles vías para apoiar ao concello de Cariño na redacción do Plan especial do seu casco mariñeiro

0

O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso, reuniuse esta mañá con Ángeles Vázquez para trasladarlle o seu interese en sacar adiante este documento para desenvolver unha zona que, a día de hoxe, está fóra do planeamento vixente dende o ano 2000


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estudará a posibilidade de cooperar co Concello de Cariño na redacción dun plan especial de protección e reforma interior (PEPRI) do seu casco mariñeiro. Así llo trasladou a conselleira Ángeles Vázquez ao primeiro edil, José Miguel Alonso, no transcurso da reunión que mantiveron esta mañá para abordar a situación urbanística do concello.

Neste sentido, o alcalde explicoulle os plans municipais para desenvolver e dinamizar o casco antigo da vila a través desta nova figura de planeamento, que podería contribuír a humanizar e dinamizar unha zona conformada por unhas 800 fincas urbanas e máis de 710 vivendas, na súa maioría de estilo mariñeiro, que a día de hoxe están fóra do PXOM vixente dende o ano 2000.

Ante a petición de colaboración que lle fixo o rexedor cariñés, Ángeles Vázquez comprometeuse a estudar a posibilidade de que o seu departamento colabore co concello para sacar adiante o devandito plan especial. En todo caso, subliñou que calquera vía de colaboración entre ambas administracións deberá contar co compromiso do Concello de asumir parte do financiamento necesario para levalo a cabo.10 millóns para axudar aos concellos cos PXOMA Xunta de Galicia ten atribuídas as competencias específicas en materia de urbanismo, entre as que se atopan o fomento da redacción dos planeamentos municipais co fin de que os concellos dispoñan de documentos de ordenación do territorio adaptados á lexislación vixente e ás características particulares previstas para o seu desenvolvemento.

Entre as distintas vías ás que recorre o Goberno autonómico para fomentar que os municipios conten con plans propios cómpre sinalar as ordes polas que se regula a concesión de axudas a entidades locais para a redacción dos seus plans urbanísticos. De feito, nestes momentos ten comprometidos 10 millóns a través de convenios de colaboración cos concellos que están a redactar os seus planeamentos, entre eles, o de Cariño, que ten concedida unha subvención polo 100% do custo do novo PXOM.

Nestes momentos e grazas á aposta realizada pola Xunta na última década polo urbanismo responsable, son xa 105 os concellos galegos que contan cun PXOM adaptado e acorde á normativa vixente, dos cales 75 foron aprobados polo actual Goberno desde o ano 2009. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre