Inicio Galicia Medio Ambiente estudará posibles vías de colaboración con Xunqueira de Espadanedo para...

Medio Ambiente estudará posibles vías de colaboración con Xunqueira de Espadanedo para a mellora e humanización de varias rúas

0

A conselleira de Medio Ambiente e o rexedor municipal mantiveron unha reunión de traballo, na que analizaron as demandas e necesidades do concellos


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, estudará as posibles vías de colaboración entre o seu departamento e o Concello de Xunqueira de Espadanedo para levar a cabo un proxecto de humanización da avenida principal do Concello e a rúa Vázquez Portomeñe. Así llo trasladou Vázquez Mejuto ao alcalde, Carlos Gómez Blanco, con quen mantivo unha reunión na que abordaron asuntos de interese relativos a áreas da súa competencia.

Concretamente, o alcalde trasladoulle á conselleira a seu interese por levar a cabo esta intervención para mellorar a situación actual da avenida Xunqueira de Espadanedo e da rúa Vázquez Portomeñe, para facer unha rúas máis transitables e accesibles.

Pola súa banda, a conselleira recordou que a Consellería de Medio Ambiente colabora desde hai anos cos concellos a través de diversas liñas de axuda co fin de facilitar o desenvolvemento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida nas vilas e cidades galegas, programas nos que este proxecto podería encaixar.

En todo caso, comprometeuse a dar traslado da petición de colaboración á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para que analicen o proxecto e determinen a posibilidade de establecer unha liña de colaboración para a execución desta actuación; tal e como xa colaborou na humanización da Praza da Igrexa de Niñodaguia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre