Inicio Galicia Medio Ambiente estudará posibles vías de colaboración co concello de Celanova nun...

Medio Ambiente estudará posibles vías de colaboración co concello de Celanova nun proxecto de humanización urbanística

0

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta tarde co rexedor José Luis Ferro, quen lle trasladou o seu interese en mellorar a accesibilidade dunha das rúas que conecta o casco histórico do municipio coa zona de maior expansión


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde co alcalde de Celanova, José Luis Ferro, con quen analizou a posibilidade de que o seu departamento poida colaborar nun proxecto de humanización urbanística de gran interese para este concello ourensán.

Concretamente, o rexedor explicoulle á conselleira que a intervención centraríase na rúa Castor Elices, que comunica o casco histórico e a zona de maior expansión urbanística de Celanova. O proxecto, segundo dixo, permitiría resolver os problemas de accesibilidade actuais que presenta esta rúa, mellorar e ampliar as beirarrúas e acometer unha completa renovación de todas as instalacións co obxectivo de dinamizar a zona e facilitar a súa integración urbana, para o que solicitou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente.Ángeles Vázquez, pola súa banda, comprometeuse a estudar o proxecto con detalle e explicoulle que a Consellería de Medio Ambiente conta con programas de axudas para dar resposta ás necesidades de humanización das vilas galegas.

Neste sentido, lembrou que a semana pasada saíu publicada no DOG unha nova orde de axudas, dotada con case 2,5 millóns de euros e destinada, precisamente, á creación ou mellora de infraestruturas urbanas en concellos de menos 50.000 habitantes, polo que animou ao rexedor de Celanova a presentarse á convocatoria con este proxecto.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre