Inicio Galicia Medio Ambiente estudará colaborar nas obras de humanización de varios espazos públicos...

Medio Ambiente estudará colaborar nas obras de humanización de varios espazos públicos no concello de Muíños

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión co alcalde de Muíños para coñecer as demandas e necesidades deste concello da provincia de Ourense


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comprometeuse co alcalde de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño, a estudar a posibilidade de colaborar nas obras de humanización de varios espazos públicos no Concello de Muíños.

Así llo trasladou no trascurso dunha reunión co rexedor municipal, quen lle entregou unha copia do proxecto redactado polo Concello, e indicoulle que dará traslado da documentación á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para que o analice e valore as posibibilidades orzamentarias do departamento que garantan a viabilidade do proxecto.

A iniciativa propón a creación dun acceso peonil á Praza do Cruceiro de Barxés e ao complexo turístico deportivo O Corgo; así como a construción de beirarrúas en Mugimes e o acondicionamento da Praza de San Rosendo tamén neste núcleo, co fin de dotar dun espazo que satisfaga as demandas de ocio e lecer dos veciños.

Leer más:  Declaran nulo el despido de una trabajadora de DomusVi de Barra de Miño

A conselleira de Medio Ambiente trasladoulle a súa vontade de colaboraicón con este proxecto, porque é acorde aos obxectivos que se marca o departamento que dirixe, como poñer en valor as dotación actuais dos concellos galegos, a través da recuperación e a mellora dos espazos.

Aldea de SalgueiroPor outra banda, o alcalde de Muíños e a conselleira tamén abordaron a situación do Plan de Dinamización do Pobo de Salgueiros, unha pequena aldea localizada dentro do Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés no que se realizara hai anos un investimento importante en materia de rehabilitación.

Plácido Álvarez trasladoulle a súa preocupación polo estado actual deste núcleo, no que o concello está moi interesado en promover unha serie de actuacións dirixidas a lograr a súa reactivación e a darlle algún uso concreto.

Pola súa parte, Ángeles Vázquez comprometeuse a estudar a proposta do alcalde e a avaliar posibles vías de colaboración económica por parte tanto da súa consellería como do resto de administracións implicadas. Tras incidir no seu interese por conseguir que o pobo de Salgueiros se poña en funcionamento e se lle saque partido aos investimentos realizados, a conselleira matizou que haberá que analizar tamén a viabilidade xurídica de externalizar a súa xestión, unha das posibilidades que puxo sobre a mesa o alcalde. 

Leer más:  La Audiencia de Pontevedra sentenció a un hombre a 14 años de prisión por abusar sexualmente de la hija de su pareja durante varios años

- Te recomendamos -