Inicio Galicia Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Leiro para mellorar e humanizar...

Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Leiro para mellorar e humanizar a praza de Eladio Rodríguez no núcleo de San Clodio

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia co rexedor municipal para coñecer as demandas deste municipio ourensá

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou ao alcalde de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, que o departamento que dirixe estudará a posibilidade de colaborar co concello nunha actuación para mellorar e humanizar a Praza de Eladio Rodríguez no núcleo de San Clodio.

Así llo avanzou a conselleira ao rexedor municipal, co que mantivo unha reunión por videoconferencia para abordar as necesidades e proxectos de interese para os veciños do Concello de Leiro.

Neste sentido, a conselleira de Medio Ambiente comprometeuse a analizar a posibilidade de colaborar nesta actuación urbanística, co fin de mellorar o estado actual desta zona, e invitouno a enviar un proxecto para que a Dirección Xeral de Urbanismo e Ordenación do Territorio o analice e propoña unha vía de colaboración e poder consignar nas contas do departamento os recursos necesarios que permita a materialización desta actuación.

A conselleira recordoulle que o esforzo do Goberno galego co Concello de Leiro para sacar adiante actuacións urbanísticas por un importe global de 440.000 euros, que permitiron mellorar e adecuar varios tramos das rúas Emilio Hermida, Prado e Padre Eiján, así como o acondicionamento da contorna do campo da Feira ou a rehabilitación da pasarela colgante sobre o río Avia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre