Inicio Galicia Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Larouco nunha actuación para mellorar...

Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Larouco nunha actuación para mellorar os accesos ao núcleo de Seadur

0

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá coa rexedora Patricia Lamelas, quen lle fixo entrega da memoria deste proxecto urbanístico


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estudará a posibilidade de colaborar co concello ourensán de Larouco para levar a cabo un proxecto urbanístico co fin de mellorar a accesibilidade ao núcleo de Seadur. Este foi o compromiso que asumiu hoxe a conselleira Ángeles Vázquez no transcurso dunha xuntanza coa alcaldesa Patricia Lamelas, quen lle trasladou a importancia de levar a cabo esta actuación para poñer en valor esta zona do municipio e lograr un maior aproveitamento público do espazo.

A intervención prevista polo concello, tal e como lle explicou a rexedora, ten como fin acometer o acondicionamento de dúas das principais rúas deste núcleo. Ambos viarios son de titularidade municipal e o obxectivo do Concello de Larouco para por mellorar o aspecto xeral da zona, dotándoa dos servizos necesarios.

A tal fin e segundo consta na memoria do proxecto que lle entregou Patricia Lamelas á conselleira, a intención é aumentar o ancho de ambos viarios de acceso para mellorar a entrada ao núcleo de Seadur e resolver deste xeito tamén o acceso aos viñedos e ás zonas de paso existentes.

Así mesmo, no viario desde o sur realizarase unha cuneta de formigón para resolver tamén os problemas de atascos e acumulacións de auga que se producen de forma recorrente no inverno. Por outra banda, no que dá acceso ao núcleo desde o norte, onde se localiza o local social do pobo, colocarase unha varanda de madeira para evitar caídas provocadas polo desnivel que existe xunto á rúa e pavimentarase de novo gran parte do viario para resolver as fochancas que existen na actualidadePola súa parte, Ángeles Vázquez indicoulle á alcaldesa que estudará a viabilidade de implicarse e cooperar na execución deste proxecto, cun orzamento previsto de 72.594,7 euros. Neste sentido, lembroulle que a Xunta ten a disposición dos concellos varias liñas de axudas para o desenvolvemento de intervencións urbanísticas que, como esta, buscan potenciar as infraestruturas públicas, os servizos e os equipamentos municipais que contribúen a mellorar o benestar e a calidade de vida nas vilas galegas.

Así, a conselleira comprometeuse a estudar en detalle o seu proxecto de mellora nos accesos a Seadur como paso previo para poder analizar as posibles vías de cofinanciamento entre a Consellería e o goberno municipal na súa execución.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre