Inicio Galicia Medio Ambiente estudará a súa posible colaboración co Concello de Muíños para...

Medio Ambiente estudará a súa posible colaboración co Concello de Muíños para a construción dunha senda verde

0

A conselleira Ángeles Vázquez e o rexedor Plácido Álvarez mantiveron unha reunión de traballo na que abordaron tamén outros proxectos de interese municipal relacionados coa humanización de espazos urbanos


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estudará a súa posible colaboración nun proxecto para habilitar e construír unha senda verde no Concello de Muíños. Este foi o compromiso que asumiu a conselleira Ángeles Vázquez durante a reunión que mantivo co alcalde deste concello ourensán, Plácido Álvarez, quen lle trasladou o interese do goberno municipal por poñer a disposición de veciños e visitantes esta nova infraestrutura peonil no núcleo de Muíños.

Por outra banda, o rexedor de Muíños tamén lle trasladou á conselleira o seu interese en levar a cabo varias obras de humanización no seu municipio. Tal e como lle recordou Ángeles Vázquez, a Consellería de Medio Ambiente colabora desde hai anos cos concellos a través de distintas axudas e programas como o Plan hUrbe no financiamento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida nas vilas e cidades galegas.

Neste sentido, a conselleira avanzoulle que o próximo ano o seu departamento volverá a apostar por esta liña de cooperación coas entidades locais, polo que o animou a presentar algún destes proxectos e comprometeuse a estudar posibles vías de colaboración económica entre o seu departamento e o goberno municipal para a súa execución.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre