Inicio Galicia Medio Ambiente estudará a posibilidade de colaborar co concello de Folgoso do...

Medio Ambiente estudará a posibilidade de colaborar co concello de Folgoso do Courel na creación dunha área recreativa en Mogoxe

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión coa rexedora municipal, Lola Castro Ochoa, para analizar as necesidades deste municipio da provincia de Lugo


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda analizará a posibilidade de colaborar co Concello de Folgoso do Courel na creación dunha área recreativa en Mogoxe.

Así llo avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, á alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro Ochoa, coa que mantivo unha reunión para coñecer as necesidades e as demandas deste municipio da provincia de Lugo.

A rexedora local explicoulle á conselleira que a definición desta nova zona ao carón do río Lor consistirá na roza e limpeza do terreo e nunha limpeza e saneamento do muro de contención próximo á estrada LU-651. Sinalou que a creación desta área recreativa é unha demanda dos veciños de Folgoso, xa que este ámbito de esparcemento permitirá definir unha zona opta para o baño e de lecer, fixando ao mesmo tempo atractivo turísticos que ofrecer aos visitantes deste concello.Ángeles Vázquez trasladoulle á alcaldesa que a Consellería de Medio Ambiente analizará a proposta presentada polo Concello, para avaliar as posibilidades de colaborar neste proxecto e definir unha vía de colaboración administrativa que permita a materialización desta nova área recreativa en Folgoso do Courel. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre