Inicio Galicia Medio Ambiente entrega oito vivendas protexidas a senllas familias que pagarán un...

Medio Ambiente entrega oito vivendas protexidas a senllas familias que pagarán un alugueiro mensual máximo de 120 euros

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda deu esta mañá as chaves de inmobles destinadas ao alugueiro aos oito adxudicatarios das mesmas, veciños de Ourense inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, entregou hoxe oito vivendas protexidas a senllas familias que pagarán un alugueiro mensual cun prezo máximo de 120 euros. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo entrega esta mañá das chaves aos seus respectivos adxudicatarios destes inmobles, que previamente estaban inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda.Ángeles Vázquez explicou que as vivendas teñen unha superficie media de 80 m2, polo que constan de tres dormitorios; ademais de garaxe e rocho; e polo que pagarán entre 112,66 e 119,10 euros ao mes. O alugueiro depende da superficie da vivenda e dos ingresos de cada adxudicatario.

A conselleira de Medio Ambiente mostrouse satisfeita por comprobar que as medidas e as políticas postas en marcha polo actual Goberno acadan o obxectivo para o que foron deseñadas, como é facilitar un fogar ás persoas, que neste caso son familias numerosas, familias cun só membro; familias formadas por avós e netos ou familias cun só fillo ou filla; ao tempo que se dinamiza unha zona ou rúa da cidade.

Por outra banda, explicou que a Xunta de Galicia mantén os seus esforzos para ampliar o parque de vivendas públicas na Cidade das Burgas, polo que o Instituto Galego de Vivenda e Solo segue a tramitar a adxudicación de outras seis novas vivendas de promoción pública nas rúas Vilar e Cervantes; sumándose así ás vivendas xa entregas tamén nestas rúas, na rúa Covadonga (52 vivendas) e nas rúas Liberdade e Perigo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre