Inicio Galicia Medio Ambiente emite o informe de impacto ambiental que permite continuar coa...

Medio Ambiente emite o informe de impacto ambiental que permite continuar coa construción do punto limpo da Fonsagrada

0

A Consellería de Medio Ambiente conclúe que non é necesario someter este proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria, porque non se aprecian efectos sobre o medio ambiente

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda emite o Informe de impacto ambiental do proxecto do unto limpo da Fonsagrada, trámite que permite ao promotor desta instalación (o Concello da Fonsagrada) a continuar coa tramitación relativa e necesaria deste proxecto.

Na Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto do punto limpo na Fonsagrada, conclúese que non é necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria, xa que non se prevén efectos significativos sobre o medio ambiente; polo que o promotor pode continuar coa obtencións das autorizacións, licencias, permisos ou informes necesarios para a súa execución.

O obxectivo do proxecto é acondicionar unha parcela na que se instalará un punto de recollida e almacenaxe de residuos domésticos. As actuacións proxectadas concrétanse na limpeza do entorno e das estruturas existentes, o acondicionamento e construción dunha nave?almacén para aparatos eléctricos e electrónicos, a regularización da explanación en dúas alturas para contedores e acceso rodado para o deposito de inertes, instalar un peche perimetral, así como o acondicionamento dos accesos dende a estrada lindeira e a colocación da sinalización correspondente. A parcela na que se proxectan as obras conta cunha superficie de 5.342 m2 O proxecto, promovido polo concello da Fonsagrada, consiste na execución dun punto limpo nunha parcela municipal, que actualmente conta cunhas instalacións inacabadas, sita a uns 800 metros do núcleo urbano da Fonsagrada. O obxectivo é realizar unhas obras que sirvan para almacenaxe de residuos domésticos.

Asemade, na Resolución emitida pola Dirección Xeral –que será publicada no Diario Oficial de Galicia- indícase a necesidade de aplicar medidas protectoras, correctoras e de vixilancia ambiental, como por exemplo non acumular materiais ou residuos en lugares onde sexan susceptibles de ser arrastrados, a almacenaxe temporal de material realizaranse en lugares habilitados. Tamén se sinala que queda prohibida a queima de residuos ou calquera outro tipo de material durante as fases de construción e explotación e os residuos xerados durante a fase de construción serán xestionados conforme á lexislación vixente en materia de residuos e de conformidade co principio de xerarquía na xestión de residuos.

Outra das recomendación céntranse nas medidas para a integración paisaxística e restauración, polo que se traslada a necesidade de deseñar un tratamento axeitado dos noiros co fin de favorecer a continuidade paisaxística e revexetando con plantación de matogueira e plantas autóctonas; e a procurara dun acabado homoxéneo en tipoloxías, materiais e cores, sobre todo no referente aos portóns de acceso ao recinto, cubertas da nave e paredes. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre