Inicio Galicia Medio Ambiente emite o informe de impacto ambiental dun novo viario en...

Medio Ambiente emite o informe de impacto ambiental dun novo viario en Mollabao para conectar a avenida de Marín e a rúa Rosalía de Castro, no concello de Pontevedra

0

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático vén de remitir á Deputación de Pontevedra a notificación, na que se lle indica que non é necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria, npo non preverse efectos significativos sobre o medio ambiente

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda emite o informe de impacto ambienta relativo ao novo viario no barrio de Mollabao, na cidade de Pontevedra, co que se prevé conectar a avenida de Marín e a rúa Rosalía de Castro.

Tal e como se recolle na notificación da avaliación de impacto ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, remitida esta mañá á Deputación Provincial de Pontevedra -promotor do proxecto- conclúese que non son previsibles efectos significativos sobre o medio ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria.

Chégase a esta conclusión despois de recompilar os informes dos distintos órganos competentes, que se pronunciaron favorablemente ao non existir afección a bens do patrimonio cultural coñecidos. Tamén se sinala que -dadas as características da infraestrutura- non provocará impacto paisaxístico significativo, nin sobre o medio hídrico e é compatible coa preservación do patrimonio natural e da biodiversidade.

O obxecto do proxecto, impulsado pola Deputación de Pontevedra, é conectar a avenida de Marín e a rúa Rosalía de Castro, no barrio de Mollabao de Pontevedra, mediante unha nova estrada, para mellora da mobilidade, permeabilidade e accesibilidade do sistema viario da zona oeste da cidade de Pontevedra e a integración da zona dentro do tecido urbano da cidade.

O proxecto consiste na execución dunha nova vía de conexión entre a Avenida de Marín (PO-12) e a rúa Rosalía de Castro (PO-546). A nova infraestrutura terá uns 100 metros de lonxitude con dous carrís de dobre sentido de circulación de 4 metros de ancho, beiravías de 1 metro, e beirarrúas de 5 metros. A conexión coas estradas existentes realizarase mediante glorietas, unha na PO-12 cun radio exterior de 6 metros e carrís de 3,5 metros de ancho e outra na rúa Rosalía de Castro de 12, 75 metros de radio exterior e carrís de 3,5 metros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre