Inicio Galicia Medio Ambiente e Samos avanzan un novo paso no correcto uso do...

Medio Ambiente e Samos avanzan un novo paso no correcto uso do territorio e a protección da paisaxe

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Samos asinaron o convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística deste municipio


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, felicitou esta mañá ao alcalde de Samos, Julio Gallego Moure, por dar un paso firme a prol dun correcto uso do territorio e a protección da paisaxe.

A conselleira de Medio Ambiente e o rexedor municipal asinaron esta mañá o convenio de adhesión do Concello de Samos á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, polo que se converte no concello número 82 en dar este paso a favor dunha protección, conservación e uso correcto do territorio.

Recordou que a APLU ten por obxectivo velar pola legalidade urbanística e o control das posibles infraccións, polo que é un ente que está ao servizo dos concellos para garantir a protección do territorio e o respecto á legalidade vixente.Ángeles Vázquez explicou que, en virtude destes convenios, os concellos delegan na APLU as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística relativas a obras que se executen sen licenza sempre que estean en solo rústico non urbanizable e solo urbanizable ou apto mentres non sexa aprobado o correspondente planeamento de desenvolvemento, e en núcleos rurais delimitados no PXOM. Por outro lado, a APLU transferirá ao concello un 10% do produto das multas coercitivas e sancións.

Destacou que o obxectivo da Xunta é seguir incorporando novos concellos, ao tempo que se incrementa a colaboración cos concellos adheridos; porque os resultados amosan que a actuación conxunta é sinónimo de éxito. A modo de exemplo, argumentou que en 2018 baixaron o número de expedientes resoltos, o que denota un aumento da concienciación da poboación e un exercicio máis, o número de execucións subsidiarias, as realizadas polos particulares, superou o 90%. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre