Inicio Galicia Medio Ambiente e o Concello de Dodro destinan 250.000 euros á construción...

Medio Ambiente e o Concello de Dodro destinan 250.000 euros á construción de dúas sendas peonís en Revixós e Imo Sur

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Dodro asinaron un convenio de colaboración para a execución desta actuación


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Dodro colaborarán na construción de dúas sendas peonís en Revixós e Imo Sur. Unha actuación recollida no Plan Hurbe 2019-2020, que busca poñer en valor as vilas e os núcleos rurais, creando condicións propicias para o seu desenvolvemento.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín Somoza, veñen de asinar un convenio de colaboración para execución desta actuación que prevé un investimento de máis de 250.000 euros, dos cales a Xunta achegará un 70% do custo estimado da obra -é dicir, máis de 180.000 euros- e o 30% restante -case 78.000 euros- correrá a cargo do propio concello.

As actuacións que se levaran a cabo consistirán en, ademais da construción de dúas sendas peonís en Revixós e Imo Sur, instalaranse os correspondentes pozos sumidoiros, luminarias e unha varanda de madeira. Tamén se mellorarán os accesos ao Centro de Artes Escénicas e a varios puntos no lugar de Revixós, mellorando seu asfaltado, traballos que rematarán coa colocación de sinais viarias e de puntos de luz.

A conselleira de Medio Ambiente indicoulle ao alcalde de Dodro que coa sinatura do convenio xa é posible a licitación das obras, que beneficiará aos case 3.000 veciños.

Recordou que esta actuación enmárcase dentro do chamado Plan Hurbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo actuacións coma a comprometida hoxe co alcalde de Dodro, que contribúen a crear ou humanizar espazos de uso común e a garantir o acceso dos veciños a infraestruturas públicas e servizos.

De feito, grazas a este programa son xa 200 as intervencións executadas nun total de 125 concellos, o que significa que no período 2010-2018 a Xunta actuou case no 40% dos municipios de Galicia.

Asemade, recordou o apoio do Goberno galego a este Concello, onde tamén se levou a cabo unha actuación para a pavimentación do contorno da Igrexa, que implicou un investimento de case 100.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre