Inicio Galicia Medio Ambiente e o Concello de Cerdedo-Cotobade analizan varios proxectos para a...

Medio Ambiente e o Concello de Cerdedo-Cotobade analizan varios proxectos para a humanización de espazos comúns na vila

0

Ángeles Vázquez estudará posibles vías de colaboración co goberno local para levar adiante actuacións de mellora dentro do termo municipal


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda analizará xunto ao Concello de Cerdedo-Cotobade posibles vías de colaboración en varios proxectos municipais que perseguen a humanización e mellora de espazos comúns desta vila pontevedresa.

Durante unha reunión de traballo co presidente da xunta xestora de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, a conselleira Ángeles Vázquez comprometeuse a estudar as actuacións previstas polo concello neste sentido, entre as que figura unha intervención co fin de mellorar a contorna do colexio.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente promove e colabora cos concellos no desenvolvemento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida da poboación.

A mellora das contornas urbanas, a través de obras que teñan por finalidade revitalizar o territorio e acadar o reequilibrio territorial, é un dos obxectivos do departamento que dirixe Ángeles Vázquez, que leva anos apoiando aos concellos en iniciativas destinadas ao desenvolvemento das vilas e dos núcleos galegos con criterios de sustentabilidade económica, ambiental e social e a facelas máis atractivas pola vía da conservación e posta en valor do seu patrimonio cultural e histórico.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre