Inicio Galicia Medio Ambiente e Compostela Monumental repartirán máis de 50.000 bolsas ecolóxicas entre...

Medio Ambiente e Compostela Monumental repartirán máis de 50.000 bolsas ecolóxicas entre os comerciantes do casco histórico

0

A conselleira Ángeles Vázquez presentou hoxe a iniciativa, que se enmarca dentro da campaña ‘Recicla, reduce, reutiliza. Eu merco no casco histórico de Santiago’


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Asociación de Comerciantes Compostela Monumental repartirán máis de 50.000 bolsas de material ecolóxico entre 200 establecementos comerciais da zona monumental no marco dunha campaña máis ampla que, baixo o lema Recicla, reduce, reutiliza. Eu merco no casco histórico de Santiago, pretende sensibilizar e concienciar sobre o uso dos plásticos e as prácticas de consumo responsables.

Durante a presentación desta iniciativa, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou a importancia dunha medida que incide directamente nun sector tan importante coma o comercial e coa que se persegue un dobre obxectivo. Por unha banda, sensibilizar e avanzar nunha cada vez maior conciencia social, que aposte pola reutilización de materiais e a redución dos plásticos, e por outra, promocionar unha imaxe dun casco histórico sustentable no que se fomenta e aposta polas prácticas de consumo respectuosas co medio ambiente.

Nesta liña, a conselleira lembrou que o consumo actual de plástico nas súas diferentes formas está a producir uns niveis de residuos dispersos moi elevados, que provocan contaminación e supoñen unha ameaza para os ecosistemas acuáticos. Por iso, a normativa tanto europea como estatal avanza cara ao obxectivo de reducir progresivamente o consumo de bolsas non biodegradables, de xeito que en 2025 cada persoa debería utilizar, como máximo, 40 bolsas de plástico lixeiro ao ano.

Na mesma dirección vai tamén a futura Lei de Residuos e Solos Contaminados de Galicia, que será remitida este ano ao Parlamento para a súa aprobación e que ten entre os seus obxectivos intensificar a loita contra os plásticos, con medidas novidosas como a prohibición da venda de vaixelas dun só uso, salvo que na súa composición haxa máis dun 50% de material biodegradable.

Concursos de deseño de bolsas de teaO obxectivo da Xunta con iniciativas coma esta na que colabora con Compostela Monumental, segundo explicou a conselleira, pasa por sumar esforzos e fomentar a implicación do maior número de colectivos sociais posible na redución do consumo de plástico en xeral e das bolsas feitas deste material en particular, incidindo en que “a prevención é a mellor forma de xestión de residuos” que existe.

De feito, a Consellería de Medio Ambiente lanzou este mesmo ano unha campaña similar dirixida ao sector comercial galego. Baixo o lema Menos bolsas, máis vida, Vázquez Mejuto explicou que o seu departamento lanzou dous concursos de deseño paralelos co fin de escoller a imaxe que se estamparía en 18.000 bolsas de tea reutilizables (3.000 bolsas de merenda e outras 15.000 de diferentes tamaños) e repartilas de forma gratuíta entre establecementos comerciais e alumnos de centros escolares de toda Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre