Inicio Galicia Medio Ambiente e Aranga colaboran na mellora e humanización do núcleo da...

Medio Ambiente e Aranga colaboran na mellora e humanización do núcleo da Castellana

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Aranga asinaron un convenio de colaboración que recolle un investimento de case 90.000 euros


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Aranga ratificaron esta mañá a colaboración para levar a cabo actuacións de mellora e humanización no núcleo da Castellana.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Aranga, Alberto Platas, asinaron o convenio de colaboración, que conta cun orzamento de case 90.000 euros, dos cales a Xunta aportará un 70%, é dicir, 61.500 euros- e o 30% restante -case 26.500 euros- correrá a cargo do propio concello.

A responsable de Medio Ambiente recordou que a necesidade desta actuación xustifícase polas estado actual que presenta este núcleo e tamén para complementar os traballos executados no 2016, que implicou o cambio de bordillos e plaquetas das beirarrúas, así como o substitución das tubaxes de saneamento.

As obras que son obxecto deste convenio prevén soterrar as liñas de alimentación, a colocación de novo mobiliario urbanos, como luminarias, bancos, marquesiñas…, a definición de zona de aparcamento para os vehículos, así como paneis, para trasladar información relativa á contorna natural.

A conselleira de Medio Ambiente indicoulle ao alcalde de Aranga que coa sinatura do convenio xa é posible a licitación das obras por parte da Consellería, sempre que os terreos están libres de carga e gravames, para as que se prevé un prazo de execución de catro meses, polo que a previsión da Consellería de Medio Ambiente é que esta actuación sexa unha realidade este mesmo ano.

Recordou que esta actuación enmárcase dentro do chamado Plan hUrbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo actuacións coma a comprometida hoxe co alcalde de Riotorto, que contribúen a crear ou humanizar espazos de uso común e a garantir o acceso dos veciños a infraestruturas públicas e servizos.

De feito, grazas a este programa son xa 200 as intervencións executadas nun total de 125 concellos, o que significa que no período 2010-2018 a Xunta actuou case no 40% dos municipios de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre