Inicio Galicia Medio Ambiente destinará este ano 300.000 euros á subsidiación de préstamos para...

Medio Ambiente destinará este ano 300.000 euros á subsidiación de préstamos para rehabilitación de vivendas e edificios residenciais

0

A partir de mañá os interesados poderán optar a acollerse a este programa, cuxo prazo de solicitude permanecerá aberto ata o día 30 de setembro


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará un total de 296.780 euros á subsidiación dos xuros dos préstamos que se concedan este ano para a rehabilitación de vivendas e de edificios de carácter residencial. As axudas, que na convocatoria de 2020 disporán dun 45% máis de orzamento que na anterior, poderán solicitarse a partir de mañá e ata o próximo 30 de setembro a través da liña de préstamos incluída no Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda (Plan RehaVIta) 2015-2020 e que hoxe foi publicada no DOG.

Estas axudas van dirixidas ás persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble. As comunidades de propietarios tamén poderán obter préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios residenciais, se ben non as axudas para a subsidiación dos xuros. Igualmente, poderán beneficiarse, a título individual, os membros destas comunidades que participen nas actuacións promovidas, en función da súa porcentaxe de participación.

Para acceder aos préstamos cualificados, os ingresos da unidade de convivencia do solicitante non poderán ser superiores a 6,5 veces o indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), mentres que para acceder ás axudas económicas directas, fíxase o límite en 5,5 veces o IPREM.

A concesión do préstamo polas entidades financeiras que teñen asinado a día de hoxe o convenio co Instituto Galego da Vivenda e Solo -Abanca, Caixa Rural Galega, CaixaBank e Banco Sabadell- poderá ir acompañada dunha axuda da Xunta consistente na subsidiación dos xuros destes préstamos para as persoas que cumpran os requisitos previstos, coa excepción dos préstamos solicitados directamente polas comunidades de propietarios.

A porcentaxe da subsidiación dos xuros e a súa duración poderá chegar ao 100% durante un máximo de catro anos, pero dependerá en todo caso do nivel de ingresos da unidade de convivencia do beneficiario, segundo se reflicte no seguinte cadro:

INGRESOS

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre