Inicio Galicia Medio Ambiente destaca que a conciencia social sobre o valor da paisaxe...

Medio Ambiente destaca que a conciencia social sobre o valor da paisaxe se afianza en Galicia grazas aos 26 concellos que obteñen a distinción 'Vilas en Flor'

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participa no acto de comunicación e entrega deste recoñecemento que pon en valor o traballo das administracións locais á hora de protexer e conservar a súa riqueza natural e paisaxística


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá que o recoñecemento dos 26 concellos premiados co distintivo Vilas en Flor son moito máis ca un premio ou un selo de calidade, xa que denotan a importancia da conciencia social sobre o valor da paisaxe para estes municipios, que cada día se implican na protección e conservación da riqueza natural e paisaxística dos seus concellos.

A conselleira de Medio Ambiente salientou que este tipo de galardóns, xunto coas iniciativas que impulsa a Xunta, contribúen a situar a paisaxe na axenda social; pois a paisaxe é unha cuestión esencial e identitaria de Galicia. Nese sentido, salientou o compromiso asumido pola Xunta de definir unha política eficiente en materia de paisaxe, establecendo ferramentas que aposten por manter viva a Galicia verde e azul.

Vázquez Mejuto destacou que se trata dun traballo que implica a colaboración de todos, polo que agradeceu o esforzo dos 26 concellos galegos que hoxe reciben este distintivo (Culleredo, Betanzos, Fene, Narón, Ponteceso, Pontedeume, Sada, Ortigueira, San Sadurniño, Chantada, Mondoñedo, Sarria, Guitiriz, Allariz, O Carballiño, Lalín, Salvaterra de Miño, Tomiño, A Guarda, Baiona, Cuntis, Cambados, Gondomar, Salceda de Caselas, Caldas de Reis e Tui) e que son un reflexo da variedade e riqueza paisaxística que atesoura Galicia, un patrimonio inmaterial que se debe conservar para as xeracións futuras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre