Inicio Galicia Medio Ambiente destaca a recollida selectiva dos residuos domésticos como medida para...

Medio Ambiente destaca a recollida selectiva dos residuos domésticos como medida para coidar e protexer a contorna

0

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático celebra que a Federación veciñal Lucus Augusti se sume ao acordo para impulsar a recollida selectiva nas súas instalacións


A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, salientou esta tarde que fomentar a recollida selectiva dos refugallos domésticos que se producen é unha medida óptima para protexer e coidar a contorna que nos rodea e o medio ambiente.

Cruz Ferreira Costa, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, agradeceu aos membros da Federación veciñal Lucus Augusti o reto que acaban de asumir, ao asinar o acordo de colaboración para fomentar a recollida selectiva nas súas instalacións e entre os seus veciños; e que é ao mesmo tempo unha gran aportación para implantar a economía circular en Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre