Inicio Galicia Medio Ambiente define o ?Proxecto Ríos? como o programa de voluntariado ambiental...

Medio Ambiente define o ?Proxecto Ríos? como o programa de voluntariado ambiental de referencia en Galicia con 4.500 participantes

0

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a presidenta de Adega asinaron esta mañá o convenio de colaboración polo que se renova este programa de educación e voluntariado posto en marcha no ano 2004

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou esta mañá que o Proxecto Ríos tense convertido na iniciativa de voluntariado ambiental de referencia na Comunidade galega, grazas á participación de 4.500 voluntarios cos que xa conta na actualidade.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a presidenta da Asociación para Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), Virxinia Rodríguez, asinaron hoxe un convenio de colaboración para a renovación dunha nova edición deste programa de educación e voluntariado, que foi posto en marcha en 2004.

Beatriz Mato destacou que o traballo levado a cabo desde a creación do Proxecto Ríos sitúao como un referente absoluto no relacionado coa participación cidadá no coidado e promoción dos ecosistemas fluviais de Galicia. Nesta liña, subliñou que na actualidade coordina a máis de 380 grupos, que supoñen a participación de 4.500 persoas, e nos que destaca a implicación dos centros de ensino, que supoñen un 44%.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

O convenio, asinado por Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e Adega, implica un programa de custodia fluvial, que coincide cos obxectivos de Augas de Galicia de dar a coñecer o papel fundamental dos ríos e as problemáticas ambientais ligadas a estes, así como achegar prácticas e comportamentos que permitan aos cidadáns o mantemento e mellora dos cursos fluviais. Nese sentido, contase cunha ferramenta imprescindible como é o Xeoportal do Proxecto Ríos, creado para a divulgación á sociedade do estado de saúde dos ríos inspeccionados polo voluntariado.

As actividades que se financiarán a cargo deste convenio, dotado de 50.000 euros, van desde cursos de formación na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa) para os coordinadores de grupos, a un encontro anual de voluntarios, para presentar as súas experiencias relacionadas coas inspeccións de río; ou á limpeza simultánea de ríos.

Tamén se porá en marcha un programa de itinerarios, os Roteirríos, cos que se pretende unir ríos e persoas, tentando achegar os cursos fluviais a? cidadanía nun ambiente lúdico, asi? como dar a con?ecer o patrimonio natural, social e cultural asociado.

Leer más:  O mal tempo non frea aos peregrinos: Santiago recibe 4.000 camiñantes antes do arranque dos festivos

Ao abeiro deste convenio tamén se celebrará un encontro anual de voluntarios, no que se presentarán as experiencias relacionadas coas inspeccións de río, ademais de intercambiar opinións, coñecer a outros grupos, resolver dúbidas, etc.

Estas actividades axudan a espertar a curiosidade sobre a interrelación de aspectos naturais, culturais, históricos, sociais ou económicos, e a promover unha visión integral da cidade ou vila e o seu contorno fluvial. Tamén fomentan o desenvolvemento da educación ambiental sostible a nivel local municipal, ofertando programas de actividades para diferentes grupos sociais. 


- Te recomendamos -