Inicio Galicia Medio Ambiente creará un grupo de traballo co obxectivo de impulsar a...

Medio Ambiente creará un grupo de traballo co obxectivo de impulsar a terceira fase do polígono empresarial de Ribadavia

0

A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde César Manuel Fernández abordaron a necesidade do concello de contar con máis solo a disposición das empresas


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estudará cales son as posibles alternativas para levar a cabo a terceira fase do polígono empresarial de Ribadavia (Ourense), unha área industrial promovida no seu día polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e cuxas fases unha e dúas xa están completamente executadas. Así llo trasladou a conselleira Ángeles Vázquez ao alcalde de Ribadavia, César Manuel Fernández, con quen mantivo unha reunión de traballo para tratar varios asuntos de interese municipal relacionados con áreas da súa competencia.

Para poder continuar co desenvolvemento do parque, Vázquez Mejuto acordou co rexedor constituír un grupo de traballo que analice as posibilidades de urbanización desta área e busque a solución máis axeitada para desbloquear e impulsar a execución da súa terceira fase, prevista xa no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.

Esta foi a principal demanda que lle trasladou á conselleira o alcalde de Ribadavia, quen incidiu na necesidade de que o concello poida contar a futuro con máis solo empresarial a través da execución dunha nova fase no polígono, tendo en conta que é a única área industrial que hai no municipio e que nas dúas fases xa executadas non queda nestes momentos ningunha parcela dispoñible.

Fondo de cooperaciónNoutra orde de cuestións, o rexedor ourensán tamén se interesou polas liñas de axudas que a Consellería de Medio Ambiente pon a disposición dos concellos para acometer diversas actuacións en materia de vivenda e axudarlles a ampliar o seu parque público residencial.

Neste sentido, Ángeles Vázquez lembroulle que hai dúas semanas o Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria deste ano do Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Dotado cun orzamento de 6,4 millóns de euros, o fondo será utilizado polo IGVS para conceder préstamos sen xuros a municipios de tamaño medio e pequeno que queiran realizar obras de recuperación e posta en valor de edificacións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre