Inicio Galicia Medio Ambiente convoca por case 5 millóns de euros as axudas para...

Medio Ambiente convoca por case 5 millóns de euros as axudas para a mellora da eficiencia enerxética, sustentabilidade, conservación e da seguridade e accesibilidade das vivendas

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas axudas, incluídas no Plan de Vivenda 2018-2021

A Xunta de Galicia destinará un total de 4,9 millóns de euros ás axudas dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018– 2021, cuxa convocatoria publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Tal e como se indica na Resolución, o programa conta con dúas liñas de axudas:• Liña A, axuda ao fomento da mellora da eficacia enerxética e da sustentación en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de mellora da eficiencia enerxética e da sustentación, con especial atención á envolvente edificatoria.

Esta liña está dotada cun total de 1.900.000 euros para as anualidades 2020 e 2021.• Liña B, axuda ao fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas; a súa finalidade é financiar obras de conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade.

Esta liña está dotada cun total de 3.000.000 euros para as anualidades 2020 e 2021.

Actuacións subvencionablesNa liña A considéranse actuacións subvencionables a mellora da envolvente térmica da vivenda ou do edificio; a instalación de sistemas de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria e ventilación para o acondicionamento térmico ou o incremento da eficiencia enerxética dos xa existentes; a instalación de equipos de xeración ou que permitan a utilización de enerxías renovables e as actuacións que melloren o cumprimento da normativa técnica en cuestións como o illamento sonoro.

Entre as actuacións subvencionables nesta liña inclúense as que afecten a elementos cuxo tratamento permita reducir de forma efectiva no interior da edificación a media anual de concentración de radon a niveis inferiores a 300 Bq/m3 ou nas que, sen alcanzar o devandito nivel, se reduza a concentración inicial en, polo menos, un 50 por cento.

Ademais, en edificios de tipoloxía residencia colectiva subvencionarase a mellora da eficiencia enerxética das instalacións comúns de ascensores e iluminación; a mellora do subministro de auga e aforro da mesma; mellora do saneamento separativo e outras que afectan a factores como a redución do consumo de auga en zonas comúns ou o fomento da mobilidade sustentable.

Na liña B considéranse actuacións sustentables as relativas á conservación da cimentación, da estrutura, das instalacións, de cubertas e fachadas, a adecuación interior da vivenda unifamiliar, instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade e outros como a instalacións de sinalización, elementos electrónicos de comunicación, domótica e calquera elemento que facilite a accesibilidade.

BeneficiariosPoderán beneficiarse destas axudas os propietarios das vivendas ou edificios a rehabilitar, as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades e as agrupacións de propietarios. Tamén poderán beneficiarse os inquilinos da vivenda que asuman, en virtude dun acordo co arrendador, o custo das actuacións de rehabilitación, a cambio do pagamento da renda.

Requisitos das vivendasAs vivendas e edificios a rehabilitar deberán estar finalizadas antes do 1 de xaneiro de 1996. As vivendas deberán constituír a residencia habitual e permanente dos propietarios, arrendatarios ou moradores no momento de solicitar a axuda.

No caso de actuacións en edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva polo menos o 70 por cento da superficie construída sobre rasante terá uso residencial de vivenda, excluída a planta baixa e/ou plantas inferiores. Ademais polo menos o 50 por cento das vivendas deberán constituír o domicilio habitual das persoas propietarias, arrendatarias ou moradoras no momento de solicitar as axudas.

Contía das axudasA contía das axudas será, con carácter xeral, do 40 por cento do custo subvencionable da actuación sempre dentro dos límites que se indican nos cadros seguintes. No caso de que os ingresos sexan inferiores a tres veces o Iprem a porcentaxe poderá chegar ao 75 por cento. A porcentaxe tamén poderá chegar ao 75 por cento no caso de actuacións de accesibilidade se na unidade da convivencia residente na vivenda hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.

O importe máximo das axudas será o seguinte:

 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre