A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Calvos de RandÃn veñen de asinar convenio polo cal a administración local accede a un préstamo sen xuros
A ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concede unha axuda de 200.000 euros ao Concello de Calvos de RandÃn do programa Fondo de Cooperación, para levar a cabo unha actuación de rehabilitación dun edificio que albergará usos administrativos e sociais.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ãngeles Vázquez, e o alcalde de Calvos de RandÃn, Aquilino Valencia Salgado, veñen de asinar telematicamente un convenio de colaboración que lle dará acceso a este municipio ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), un instrumento para apoiar aos concellos de menos de 50.000 habitantes no financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construÃdo.
En concreto, a achega económica comprometida pola Xunta permitiralle ao Concello dispoñer deste orzamento para financiar esta actuación, unha contÃa que poderá devolver ao IGVS nun máximo de catro anualidades, de forma cómoda e sen xuros.
As obras a executar, en concreto, centraranse en rehabilitar e ampliar varios inmobles que serán o novo Centro de DÃa-Fogar de Calvos de RandÃn, unha dotación social con capacidade de 18 usuarios, baños adaptados, e sala polivalente; e unha residencia para 24 prazas, con 14 cuartos, unha sala de duras, enfermerÃa, baño xeriátrico, sala para uso da residencia e de actividades; asà como dependencias comúns (comedor, sala de rehabilitación, sala de actividades, control de acceso, despacho de dirección, cocina e almacéns).
Novas solicitudes de financiamento por 2,2 millónsCómpre lembrar que o Fondo de Cooperación do IGVS se puxo en marcha no ano 2017, cunha dotación inicial de 10 millóns de euros e co obxectivo de facilitarlle aos concellos o financiamento necesario para acometer proxectos de rehabilitación mediante a concesión de préstamos sen xuros. Grazas aos compromisos asumidos vÃa convenio durante o perÃodo 2017-2019, outorgáronse xa 4,98 millóns de euros para garantir a execución de 18 actuacións de rehabilitación e conservación de inmobles nunha decena de municipios.
Ademais, ao abeiro da convocatoria do Fondo realizada este ano –cuxo prazo para a presentación de solicitudes abriuse o 7 de xullo e rematou o pasado 1 de outubro- estanse tramitando peticións por un importe global de 2,2 millóns de euros.