Inicio Galicia Medio Ambiente colaborará nunha actuación para fomentar o uso das instalacións deportivas...

Medio Ambiente colaborará nunha actuación para fomentar o uso das instalacións deportivas do concello de Riotorto

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Riotorto asinaron un convenio de colaboración que recolle un investimento de case 51.000 euros


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Riotorto nunha actuación para poñer en valor e fomentar o uso das instalacións deportivas do municipio. Así llo trasladou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ángeles Vázquez, quen hoxe asinou un convenio co rexedor, Clemente Iglesias, segundo o cal a Xunta aportará un 70% do custo estimado da obra -é dicir, 35.617 euros- e o 30% restante -15.264,73 euros- correrá a cargo do propio concello.

O obxecto do convenio é dotar ás pistas de padel dunha cuberta lixeira e dun peche perimetral para conseguir un aproveitamento máis efectivo por parte dos veciños e dos usuarios nos días que a meteoroloxía non acompaña.

O lugar onde se ubica a pista é unha parcela de 3.000 metros cadrados, situada entre as estradas EP-5501 e a LU-124, na marxe norte do cauce denominado Rego de Machin.

Así para mellorar o seu uso, ao tempo que se establecen medidas que propicien o bo estado das pistas, proxéctase cubrir e facer o peche perimetral das mesmas nunha superficie total de 22,5×14 metros.

A conselleira de Medio Ambiente indicoulle ao alcalde de Riotorto que coa sinatura do convenio xa é posible a licitación das obras, para as que se prevé un prazo de execución dun mes, ao que engadiu que, sendo rigoroso cos prazos, esta actuación poderá ser unha realidade este mesmo ano.

Recordou que esta actuación enmárcase dentro do chamado Plan hUrbe, un programa posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 para apoiar ás entidades locais á hora de levar a cabo actuacións coma a comprometida hoxe co alcalde de Riotorto, que contribúen a crear ou humanizar espazos de uso común e a garantir o acceso dos veciños a infraestruturas públicas e servizos.

De feito, grazas a este programa son xa 200 as intervencións executadas nun total de 125 concellos, o que significa que no período 2010-2018 a Xunta actuou case no 40% dos municipios de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre