Inicio Galicia Medio Ambiente colaborará co Concello de Salvaterra de Miño na obra de...

Medio Ambiente colaborará co Concello de Salvaterra de Miño na obra de rehabilitación interior do antigo edificio do concello

0

A conselleira Ángeles Vázquez e a rexedora Marta Valcárcel asinaron esta mañá un convenio para cofinanciar as obras, cun custo estimado en máis de 340.000 euros que asumirán a Xunta nun 70% e o Goberno local no 30% restante


A Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra) colaborarán técnica e economicamente na rehabilitación interior da antiga casas consistorial para convertela na nova biblioteca pública municipal. Así o acordaron esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a rexedora municipal, Marta Valcárcel, coa sinatura dun convenio de colaboración en virtude do cal ambas partes se comprometen a cofinanciar as obras necesarias para rehabilitar o inmoble e destinalo a novos usos públicos.

Os traballos terán un custo total estimado de 342.478,99 euros, dos cales a Xunta comprométese a achegar o 70% e o Concello de Salvaterra, o 30% restante. O convenio, de carácter plurianual, permanecerá vixente ata o 31 de decembro de 2021, de xeito que ambas partes farán efectivas as súas achegas este ano e o vindeiro.

A rehabilitación interior do antigo edificio do Concello de Salvaterra permitirá completar e continuar os traballos contratados o ano pasado polo Goberno municipal para acondicionar externamente o inmoble.

Neste sentido, a conselleira puxo en valor a importancia de establecer lazos de colaboración cos municipios en proxectos que, coma este, buscan mellorar e potenciar equipamentos públicos xa existentes para facilitar a accesibilidade aos mesmos e poñelos en valor, mellorando o benestar e a calidade de vida dos seus veciños.

Ademais, subliñou que grazas a este tipo de intervencións, dáse cumprimento ao reto da Xunta de acadar un urbanismo responsable e apostar pola recuperación e o reequilibrio territorial entre as vilas e cidades galegas.

Actuacións do Plan Hurbe 2010-2019A obra comprometida hoxe co Concello de Salvaterra de Miño enmárcanse dentro do chamado Plan Hurbe, un programa posto en marcha no ano 2010 pola Xunta para apoiar ás entidades locais na execución de proxectos e actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público. Grazas a esta iniciativa, no período 2010-2018 executáronse 200 actuacións en 125 concellos, o que significa que se actuou case no 40% dos municipios galegos; e o ano pasado asumíronse preto de 90 novos compromisos de colaboración ao abeiro deste mesmo programa.

Con este tipo de intervencións, dáse cumprimento ao reto do Goberno galego de acadar un urbanismo responsable e apostar pola recuperación das vilas e cidades como parte da identidade de Galicia, establecendo lazos de colaboración cos municipios en proxectos que buscan mellorar e potenciar espazos públicos xa existentes para facilitar a accesibilidade aos mesmos e poñer en valor certas zonas.

Así mesmo, tamén son un instrumento eficaz para axudar a frear o despoboamento do rural, xa que potencian as infraestruturas, os servizos e os equipamentos públicos a disposición da veciñanza.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre