Inicio Galicia Medio Ambiente avanza na recuperación edificatoria de Ferrol Vello e Betanzos coa...

Medio Ambiente avanza na recuperación edificatoria de Ferrol Vello e Betanzos coa adxudicación dos proxectos de rehabilitación de vinte inmobles

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo esta mañá unha reunión cos equipos técnicos redactores que se encargarán de deseñar os proxectos cos que se habilitarán vivendas de promoción pública


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá que as actuacións para a recuperación edificatoria de Ferrol Vello e Betanzos avanzan un paso máis coa adxudicación dos proxectos de rehabilitación de vinte inmobles, adquiridos ao abeiro da oferta de adquisición pública de 2018.

A conselleira de Medio Ambiente mantivo esta mañá un encontro cos equipos redactores que se encargarán de definir os proxectos de rehabilitación, cos que habilitar vivendas nestes dous concellos galegos.

No caso de Ferrol Vello, na convocatoria de 2018 reserváronse case 500.000 euros cos que se adquiriron 13 inmobles. Segundo as previsións do Instituto Galego de Vivenda e Solo o obxectivo é dispoñer de 34 vivendas de promoción pública, pero o número definitivo dependerá do proxecto construtivo que as empresas adxudicatarias presenten. Os edificios adquiridos son os localizados na Rúa Espartero, 59, Rúa Espartero, 46, Rúa San Francisco, 21, Rúa dos Mártires, 9, Rúa Espartero, 18, Rúa Río Novo, 11, Rúa Benito Vicetto, 17, Rúa San Francisco, 13, Rúa Curuxeiras, 22, Rúa Curuxeiras, 24, Rúa Carme Curuxeiras, 8, Rúa Castro, 22-24 e Rúa Rastro, 7 – esquina Praza Vella.

De xeito paralelo, no Concello de Betanzos, a oferta realizada en 2018 permitiu adquirir seis inmobles que- tras a súa rehabilitación- permitirá dispor de seis vivendas e un local comercial. Os inmobles que serán recuperados para aloxar vivendas de promoción pública están localizados nas rúas Rúa 2ª Venela de Clérigos (número 4 e 10), Rúa Pinche (Nº 9), Rúa Alfolí (Nº 6 e 34) e o número 43 da Rúa da Cerca.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que o compromiso coa rehabilitación neste dous concellos galegos non foi una cuestión illada, senón que na seguinte convocatoria na de 2019 os concellos de Betanzos e Ferrol -xunto con Ourense- tamén se beneficiaron deste programa, que se ampliou ás localidades de Ribadavia e Tui.

Ao abeiro desta convocatoria adquiríronse 11 inmobles en estado de abandono ou semiabandono nos cascos vellos destes cinco concellos. Na actualidade, o IGVS está a realizar as xestións e os trámites cos propietarios que aceptaron a oferta da Administración Autonómica, que suma un importe global de máis de 500.000 euros.

Así, a conselleira resumiu que Ferrol e Betanzos son os dous concellos nos que se teñen comprometido máis actuacións do Programa Rexurbe, pois Ferrol é o municipio no que se adquiriu o maior número de inmobles a través do Rexurbe e Betanzos, é o concellos no que as actuacións xa están en marcha (na Rúa Cortaduría -, 4-6 e na rúa Torre 17, por exemplo) ou coa rehabilitación rematada (Rúa Cerca 13 ou Rúa Venela de Clérigos, 13).

Nova convocatoria RexurbeA conselleira de Medio Ambiente destacou o pulo avanzado pola Comunidade galega en materia de rehabilitación, marcado pola aprobación da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, co obxectivo de incentivar a recuperación do patrimonio edificatorio das cidades e vilas galegas.

Conscientes de que non hai maior desprotección que o abandono, o Goberno galega afronta por terceira vez unha nova oferta pública de adquisición de inmobles en conxuntos históricos. Así, a convocatoria de 2020 vai dirixida a ámbitos urbanos dos conxuntos históricos da Coruña, Mondoñedo e Ribadavia, concellos que xa están a traballar -ou están en fase avanzada de elaboración da documentación para a súa declaración- unha Área Rexurbe, unha figura recollida na Lei de rehabilitación.

Destinaranse 1,5 millóns de euros, asignando á Cidade da Coruña un millón de euros, tendo en conta a dimensión do ámbito, aos prezos de referencia das edificacións incluídas no mesmo, para a adquisición de inmobles na zona denominada Pescadería, que está incluído no Plan Especial Cidade Vella-Pescaderia.

Por primeira vez, tamén se lle lanza esta oferta no Concello de Mondoñedo, ao que se lle asignan 300.000 euros, que xa conta cunha Area Rexurbe declarada -a primeira de Galicia-; mentres que ao Concello de Ribadavia se lle consignan 200.000 euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre