Inicio Galicia Medio Ambiente aprobará este mesmo ano o plan reitor de usos e...

Medio Ambiente aprobará este mesmo ano o plan reitor de usos e xestión do Parque Natural de Monte Aloia

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda preside a reunión do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, onde se presentou o contido deste novo marco normativo para o primeiro parque natural declarado en Galicia


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda aprobará este mesmo ano o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural de Monte Aloia. Trátase do marco normativo que promoverá o desenvolvemento sostible do espazo, establecendo obxectivos e regulando os usos permitidos.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presidiu esta mañá a reunión do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, onde adiantou o contido deste novo marco normativo para o primeiro parque natural declarado na Comunidade galega no ano 1978.

Explicou que este novo marco normativo terá unha vixencia de seis anos, ao igual que os plans reitores de O Invernadoiro e Serra de Enciña da Lastra, tamén aprobados en 2019, e permitirá manter e mellorar os valores naturais e ecolóxicos do espazo, incluído na Rede Natura 2000.

A conselleira avanzou que o plan reitor diferencia tres zonas, segundo o seu valor de conservación, para poder definir os usos permitidos máis axeitados para cada unha delas e que garantan a protección e desenvolvemento sostible do Parque Natural. Así, establécese unha zona de uso limitado para territorios cun alto valor de conservación, unha zona de uso compatible para territorios de valor de conservación medio e unha zona de uso xeral para aqueles cun valor de conservación medio ou baixo e que é a que debe absorber a maioría das actividades de carácter recreativo.

Outro dos puntos abordados na orde do día da reunión foi a Estratexia de Economía Circular, coa que a Xunta quere dar unha resposta a un dos desafío social máis importante, como é avanzar na transición ao modelo de economía circular, por ser un sistema que aposta pola prevención na xeración de residuos, a reinserción dos residuos xerados nos procesos produtivos e a reciclaxe ao final da súa vida útil.

O obxectivo principal é manter o valor económico dos produtos, materiais e recursos o maior tempo posible e reducir ao máximo a xeración de residuos e engadiu que se trata dun modelo que supón a creación de emprego, promove a innovación, proporciona vantaxes competitivas e dota de protección ás persoas e ao medio. Indicou que a previsión da Consellería de Medio Ambiente é aprobar a estratexia este mesmo ano e iniciar a transformación do sistema, da forma de pensar e de actuar.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre