Inicio Galicia Medio Ambiente apoia a redacción do novo Plan Xeral de Ourense cunha...

Medio Ambiente apoia a redacción do novo Plan Xeral de Ourense cunha partida de máis de 500.000 euros para que o Concello o aprobe o antes posible

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o tenente-alcalde da Cidade das Burgas asinaron unha addenda ao convenio de colaboración, polo que a Xunta financia nun 50% a redacción do mesmo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reserva unha partida de máis de 500.000 euros para colaborar na financiamento da redacción do novo plan xeral de Ourense, co fin de que a Cidade das Burgas conte canto antes dun plan xeral de ordenación municipal actualizado e acorde á normativa actual.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o tenente-alcalde de Ourense, Jorge Pumar Tesouro, asinaron esta mañá unha addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería e o Concello para a redacción do PXOM, polo que ambas administracións cofinancian nun 50%.Ángeles Vázquez reiterou unha vez máis a total colaboración da Administración autonómica cos concellos galegos e, concretamente con Ourense, para dispor de plan xeral, unha cuestión de vital importancia para o futuro dun concello. Recordou que Ourense leva case unha década sen Pxom, rexéndose por un planeamento do ano 86, claramente obsoleto e que lle impide aos novos proxectos avanzar dun xeito sostible e ordenado.

Nese sentido, trasladou a necesidade de avanzar na tramitación, completar o expediente e corrixir as deficiencias que se indicaron, tras a aprobación provisional. Unha vez superado este trámite, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo poderá emitir o informe correspondente, para que o Concello proceda cos trámites necesarios e oportunos para a aprobación definitiva do Pxom no Pleno municipal, explicou Vázquez Mejuto.

Engadiu que, deste xeito, colabórase cos concellos na definición dun marco legal para outorgarlle seguridade xurídica, coherencia coa súa realidade territorial e un desenvolvemento sostible do seu territorio.

A conselleira destacou que este compromiso queda patente atendendo ao número de municipios galegos que contan con Pxom, que xa son 105; así como na habilitación de distintas figuras para a ordenación do territorio e o coidado da paisaxe, como o Plan Básico Autonómico e os plans básicos municipais, un traballo que se culminará e completará coa aprobación da Lei de ordenación do territorio, que vén de iniciar a súa tramitación parlamentaria tras o visto e prace do Consello da Xunta o pasado 5 de decembro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre