Inicio Galicia Medio Ambiente analizará vías de colaboración para crear unha rede de voluntarios...

Medio Ambiente analizará vías de colaboración para crear unha rede de voluntarios de usuarios de todoterreos para defender a contorna natural

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións e o representante da Asociación de usuarios de todoterreos (Odiseus), Carlos Mariñas Díaz, mantiveron unha reunión por vídeoconferencia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, trasladou esta mañá que o departamento que dirixe analizará a posibilidade de colaborar coa Asociacións de usuarios de todoterreo Odiseus, co fin de crear unha rede de voluntarios entre os usuarios deste tipo de vehículos coa finalidade de sumar na defensa do medio ambiente e do patrimonio natural.Ángeles Vázquez mantivo unha videoconferencia cun membro desta asociación, Carlos Mariñas Díaz, que se interesou polas posibles vías de colaboración, para poñer a disposición do Goberno galego a infraestrutura e o coñecemento que sobre o medio natural de Galicia teñen os máis de 600 asociados na Comunidade.

A conselleira indicoulles que analizará coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural as posibilidades dispoñibles, co fin de poder presentarlles unha solución que permita formalizar unha futura colaboración, pois este tipo de vehículos son útiles en diversas ocasións para chegar a determinados puntos e lugares de difícil acceso aos que outro medio de transporte non accede.

Indicou que ao mesmo tempo a súa presenza constante na contorna natural tamén é un recurso para trasladar á Administración información sobre o estado de determinadas zonas e lugares, polo que se abre outra vía para protexer a conservación no medio ambiente. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre