Inicio Galicia Medio Ambiente analizará proxectos de colaboración ambiental coa Organización Xuvenil Española para...

Medio Ambiente analizará proxectos de colaboración ambiental coa Organización Xuvenil Española para impulsar un Xacobeo 2021 máis sostible

0

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta mañá co presidente nacional de OJE, Juan José Domínguez Navarro, e o presidente rexional, Ramón Páez Álvarez, para coñecer as iniciativas desta organización xuvenil de voluntariado


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou esta mañá ao presidente nacional da Asociación Xuvenil Española (OJE), Juan José Domínguez Navarro, e o presidente rexional, Ramón Páez Álvarez, que o departamento que dirixe estudará a posibilidade de establecer colaboracións no eido medio ambiental e de voluntariado.

Os representantes desta asociación trasladaron á conselleira a súa intención de apostar por desenvolver actividades na Comunidade galega, con motivo da vindeira celebración do Xacobeo 2021, co fin de achegar aos seus socios os valores naturais e medio ambientais que atesouran os diferentes itinerarios das rutas xacobeas en Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente mostrouse interesada polas distintas iniciativas e programación de OJE, sobre todo en aquelas que están relacionadas coa mellora dos espazos naturais, fomento da conservación do patrimonio natural e coa xestión de residuos. Neste sentido, solicitou aos representantes de OJE que remitiran información dos distintos proxectos para estudar as posibilidades de colaboración e poder deseñar actividades de voluntario que se centren principalmente no eido medio ambiental.Ángeles Vázquez sinalou que o departamento que dirixe persegue obxectivos que coinciden coa filosofía desta asociación de voluntariado, como acadar unha sociedade máis comprometida coa protección do medio ambiente, actuando desde as idades máis temperás e abordando esta formación e o seu contido, desde unha vertente lúdica e adaptada ás idades dos distintos participantes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre