Inicio Galicia Medio Ambiente analizará estender o programa de compostaxe doméstica ao Concello de...

Medio Ambiente analizará estender o programa de compostaxe doméstica ao Concello de Tordoia

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Tordoia mantiveron unha reunión para analizar as necesidades deste municipio en materia de equipamentos urbanos


. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estudará a posibilidade de estender e incorporar ao Concello de Tordoia ao programa de compostaxe doméstica que, desde o ano 2014, promove e xestiona este departamento autonómico, a través de Sogama.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou este compromiso ao alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, co que mantivo unha reunión de traballo, para coñecer as demandas deste municipio da provincia da Coruña en materia de equipamentos urbanos.

O rexedor indicoulle á conselleira o seu interese por introducir a compostaxe doméstica nas áreas rurais dos municipios. Ángeles Vázquez indicoulle que dará trasladará desta petición a Sogama, unha entidade que leva distribuídos gratuitamente máis de 10.700 composteiros entre máis de 300 entidades galegas (incluídos concellos, centros educativos e colectivos de carácter social ou empresarial).

Nesta mesma liña, a conselleira de Medio Ambiente tamén se comprometeu analizar a petición de novas infraestruturas para a recollida separada de residuos urbanos, co fin de incrementar as taxas de reciclaxe neste municipio.

Por último, outro dos puntos abordados na reunión foi a posibilidade de establecer liñas de colaboración para levar a cabo actuacións que permitan mellorar e recuperar as infraestruturas e equipamentos públicos e de uso colectivo. Nese sentido, a conselleira comprometeuse a analizar as posibilidades do departamento de Urbanismo, co fin sacar adiante proxectos que presente o Concello para dinamizar espazos de uso público neste municipio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre