Inicio Galicia Medio Ambiente analizará a posibilidade de colaborar no acondiconamento do núcleo de...

Medio Ambiente analizará a posibilidade de colaborar no acondiconamento do núcleo de Boborás

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse coa tenente alcalde de Boborás, Patricia Torres, para analizar as demandas deste municipio


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión coa tenente alcalde do Concello de Boborás, Patricia Torres, á que lle trasladou o seu compromiso de analizar a posiblidade de colaborar no acondicionamento do núcleo de Boborás.

A conselleira e a representante municipal mantiveron unha xuntanza na que abordaron diversos asuntos de interese para o municipio, como a mellora da rúa Cristobal Colón, no núcelo de Boborás.

Vázquez Mejuto agradeceu á achega dunha copia da memoria do proxecto redactado polo concello, ao tempo que lle indicou que dará traslado á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, co fin de que avalíe o contido do mesmo, así como o seu posible desenvolvemento.

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente promove e colabora a través de diversas liñas de axudas dirixidas aos concellos no desenvolvemento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento do rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida da poboación das vilas e cidades galegas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre