Inicio Galicia Medio Ambiente analiza cos promotores de Pontevedra as ferramentas que ofrece ao...

Medio Ambiente analiza cos promotores de Pontevedra as ferramentas que ofrece ao sector a nova Lei de Rehabilitación

0

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse co presidente de Aproin, Javier Garrido, para falar sobre as principais novidades que introduce o texto normativo así como da instrución aprobada a semana pasada para facilitar a súa aplicación práctica


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da Asociación de Promotores Inmobiliarios da provincia de Pontevedra (Aproin), Javier Garrido, mantiveron unha reunión co obxectivo de analizar e afondar na nova Lei de Rehabilitación e de Rexeneración e Renovación Urbana de Galicia, que entrou en vigor o pasado 22 de maio.

Ao respecto, a conselleira recordou que o obxectivo da lei, a primeira deste tipo que se aproba na comunidade, é facilitar a tramitación a quen quere rehabilitar e apostar pola protección do patrimonio pola vía da axilización dos trámites administrativos para a recuperación de centros históricos e núcleos rurais e potenciando a rehabilitación do patrimonio construído. Neste sentido, a aprobación desta lei suporá un novo escenario e unha boa noticia para os promotores inmobiliarios, ao implementar e poñer ao alcance do sector distintas ferramentas que lle facilitarán o desenvolvemento da súa actividade.

Así mesmo, Javier Garrido tamén se interesou pola instrución asinada a semana pasada entre a conselleira de Medio Ambiente e o conselleiro de Cultura para facilitar a execución práctica das normas de aplicación da Lei de Rehabilitación e as determinacións relativas ás licencias directas, é dicir, aquelas que outorgan os concellos sen necesidade de contar coa autorización previa do departamento competente en materia de patrimonio cultural.

Neste sentido, Vázquez Mejuto explicoulle que o propósito deste documento interpretativo é coordinar as actuacións das diferentes administracións e clarificar posibles dúbidas que poidan xurdir sobre determinadas cuestións, en prol dunha maior seguridade xurídica nos procesos de rehabilitación.

Axudas eficiencia enerxética e accesibilidade vivendasPor outra parte, a conselleira tamén aproveitou a xuntanza para trasladarlle que esta mesma semana publicouse no DOG a convocatoria para este ano das axudas dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade incluídos no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

Son dúas liñas importantes para o sector, explicou, xa que a través delas mobilizaranse un total de 17.104.300 euros e entre os posibles solicitantes, ademais dos donos das vivendas a rehabilitar, as comunidades e agrupacións de propietarios, e as cooperativas, figuran tamén as empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre