Inicio Galicia Medio Ambiente agradece o apoio da asociación agraria de Galicia á reivindicación...

Medio Ambiente agradece o apoio da asociación agraria de Galicia á reivindicación da Xunta de manter o nivel de protección do lobo

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión co presidente de Asaga, ao que lle informou que a Xunta de Galicia, xunto con Asturias, Cantabria e Castela e León, consideran innecesaria a inclusión do lobo ibérico no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (Lespe)

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, agradeceu o apoio da Asociación Agraria de Galicia (Asaga) á reivindicación da Xunta de Galicia de manter o nivel de protección do lobo. Vázquez Mejuto e o presidente de Asaga, Francisco Vello, mantiveron unha reunión por videoconferencia na que a titular de Medio Ambiente lle trasladou as xestións realizadas polo Goberno galego ante a decisión do Goberno do Estado de incluír ao lobo no Listado de especies silvestres en réxime de protección especial (Lespe).

A conselleira recordoulle que se trata dunha postura que defende Galicia, xunto coas comunidades de Asturias, Cantabria e Castela e León; e que foi trasladada á vicepresidenta cuarta e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico nunha carta, na que expón que a decisión que defende o Goberno afecta claramente aos intereses das comunidades do norte do río Douro, pois nestas rexións rexístranse importantes poboacións desta especie asentadas no territorio e, por tanto, son as que sofren as maiores consecuencias sobre o sector gandeiro dos ataques puntuais destes animais.

De prosperar a inclusión do lobo no Lespe, isto suporía a prohibición xenérica da súa caza, é dicir, xa non se consideraría unha especie susceptible de aproveitamento cinexético en determinados supostos. Só se podería autorizar excepcionalmente a captura dalgún exemplar baixo criterios moito máis estritos que na actualidade, unha limitación que poría moito máis difícil a comunidades como Galicia recorrer a accións cinexéticas puntuais cando estes animais ameacen os intereses gandeiros.

Asemade, Vázquez Mejuto argumentou que esta proposta é totalmente contraria ás políticas desenvolvidas na comunidade galega nos últimos anos co obxectivo de buscar a compatibilidade entre a existencia de manadas de lobos (distribuídas principalmente polas provincias de Lugo e Ourense pero con presenza en todo o territorio galego) coa gandaría extensiva e a viabilidade das explotacións destas zonas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre